Sede electrónica Concello de Betanzos

05:54:34 Sábado 18 de maio 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude Xeral

Permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando non exista un procedemento concreto para realizalo.

Nos seguintes procedementos, con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos. Para poder presentar a solicitude é requisito indispensable achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa correspondente:

  • CEMITERIO E DEREITOS FUNERARIOS:
    • Licenza de inhumación ou exhumación, licenza de traslado de restos, cambio de titularidade, obras, instalacións: Taxa polos servizos do cemiterio municipal (Ordenanza fiscal nº 3, BOP 176 do 15/09/22).
    • Transmisión de dereitos funerarios: Taxa por expedición e tramitación de documentos (Ordenanza fiscal nº 2, BOP 110 do 10/06/22).
  • TAXI:
    • Transmisión de licenza, licenza por substitución de vehículos, concesión do permiso de conducir: Taxa polo outorgamento de licenzas de autotaxis e demais vehículos de alugueiro (Ordenanza fiscal nº 5, BOP 217 do 16/11/22).
  • MATRIMONIOS:
    • Solicitude de celebración de matrimonio civil nas dependencias municipais: Taxa polos servizos asociados a matrimonios civís nas dependencias municipais (Ordenanza fiscal nº 32, BOP 217 do 16/11/22).
  • ACTIVIDADES E SERVIZOS CULTURAIS:
    • Solicitude de inscrición en Escolas culturais, aluguer de aulas e salóns municipais: Prezo público nº2 pola prestación de servizos culturais, publicidade e venda de publicacións, BOP 217 do 16/11/22). Nestes casos, non se esixirá autoliquidación no momento da solicitude, senón que deberá presentarse unha vez se formalice a matrícula ou se obteña a autorización correspondente.
  • CAIXEIROS:
    • Solicitude de inicio de aproveitamento especial da vía pública con caixeiro: Taxa por caixeiros na vía pública (Ordenanza fiscal nº 35, BOP 217 do 16/11/22).
  • QUIOSCOS:
    • Solicitude de ocupación de terreos de uso público local con quioscos: Taxa por ocupación de terreos de uso público con quioscos (Ordenanza fiscal nº 10, BOP 217 do 16/11/22).
  • VARIOS:
    • Solicitude de copia de atestados, validación de poderes, fotocopias, compulsas, expedición de contratos, expedición de informes, cartografía, servizos do PIC, dereitos de exame: Taxa por expedición e tramitación de documentos (Ordenanza fiscal nº 2, BOP 110 do 10/06/22).

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Instancia Xeral.

 

Segundo o procedemento que se trate, anexar o impreso específico e a documentación que corresponda:

Nome: Solicitude xeral.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.