Sede electrónica Concello de Betanzos

00:56:57 Xoves 20 de febreiro 2020
Estás en:

Información

8 veciños acudiron á formación sobre a oficina electrónica de Betanzos no centro social de Infesta

2/10/19

Para impulsar o emprego da sede electrónica nas diversas parroquias do concello, organizouse esta sesión formativa no centro social de Infesta, despois da celebrada o pasado mes de agosto en Betanzos.

A charla, celebrada o xoves 26, centrouse no funcionamento e trámites que se poden realizar no portal dixital, así coma os mecanismos de identificación necesarios para empregalo.

Como vén sendo habitual, impartiuna o axente dinamizador do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.

Formación Sede Electrónica Infesta - Betanzos