Sede electrónica Concello de Betanzos

23:54:41 Mércores 19 de febreiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento

O procedemento de "autorización para a acometida, abastecemento de auga e saneamento" ten por obxecto a expedición dunha autorización que permita ao cidadán realizar a acometida de auga e/o rede de sumidoiros desde a súa propiedade ás tubaxes xerais e dar inicio ao servizo.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar autorización para a realización de acometidas e o inicio do abastecemento de auga e recollida de lixo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.
  • Autorización para locais comerciais: Licenza de apertura acreditativa da actividade exercida.
  • Autorización para edificios: Licenza de primeira ocupación (edificios con licenza de obras). Título acreditativo (edificios sen licenza de obras).
  • Xustificante de pago das taxas segundo as ordenanzas vixentes.

Nome: Autorización para acometida, abastecemento de auga e saneamento.

Unidade tramitadora:
Infraestruturas e Servizos.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.