Sede electrónica Concello de Betanzos

08:38:30 Mércores 29 de xuño 2022
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo con a lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar si non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar mediante certificado técnico segundo modelo oficial do Concello, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Esta documentación deberá ser presentada, en todo caso, salvo no suposto de telo feito con anterioridade na tramitación da licenza ou comunicación previa da obra.

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.