Sede electrónica Concello de Betanzos

23:51:13 Mércores 19 de febreiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.

No entanto, por razóns de interese xeral vinculadas á orde, seguridade e saúde públicas e protección do medio ambiente, esixirase a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica nos supostos establecidos no art. 41 LEI 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  •  XERAL
    • Proxecto ou documentación técnica descritiva da actividade recreativa/espectáculo público asinada por un/ha técnico/a competente. 
    • Póliza do seguro de responsabilidade civil e xustificante do recibo de pagamento da prima do ano en curso. 
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo público no que se desenvolverá a actividade ou espectáculo. 
    • Certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal (no seu caso).
    • Designación de responsable técnico/a da execución do proxecto ou montaxe das instalacións.
    • Marcado CE e declaración CE de conformidade das instalacións e certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede (no seu caso) 
  • FESTAS E VERBENAS
    • Programa da actividades a realizar subscrito pola comisión organizadora da festa.
    • Póliza do seguro de responsabilidade civil e xustificante do recibo de pagamento da prima do ano en curso, ou compromiso de contratación do seguro.
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo público no que se desenvolverá a actividade ou espectáculo

Nome: Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.