Sede electrónica Concello de Betanzos

00:05:58 Xoves 20 de febreiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Prórroga de licenza de obras

O procedemento de "prórroga de licenza de obras" regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha prórroga de licenza de obras.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de prórroga de licenza de obras.
  • Na prórroga para a finalización das obras, indicar na solicitude o orzamento pendente de executar e achegar o certificado do arquitecto onde conste este importe.
  • Xustificante do pagamento da taxa segundo as ordenanzas vixentes.

Nome: Prórroga de licenza de obras.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: Inicio por instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Órgano de resolución: Xunta de Goberno.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Ver ordenanzas fiscais nº 6 nº 2.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.