O procedemento de "Solicitude de axudas PLAN REACTIVA BETANZOS: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO AO COMERCIO LOCAL PARA A ANUALIDADE 2021" ten por obxecto xestionar as axudas solicitadas por persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado pola COVID-19. (Ver Bases).
A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello.
A contestación a requirimentos realizarase a través do procedemento de Aportación de Documentación.
O prazo de presentación será do 11 septembro de 2021 ao 10 de outubro de 2021, ámbulos dous incluídos.
Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que figuren dadas de alta no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das Agrupacións 64, 65, 66 e 97, pertencentes á Sección 1.ª das tarifas de dito imposto aprobadas por R.D. Lexislativo 1.175/1990, de 28 de setembro.
Requisitos das persoas beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas solicitantes deberán cumprir cos seguintes requisitos, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021:
Exclusións:
Non poderán ser solicitantes as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia.
Tampouco poderán ser solicitantes da axuda, as asociacións, autónomos colaboradores e as corporacións de dereito público (Confrarías...).
Os/as socios/as ou accionistas dunha sociedade non poderán solicitar subvención a nivel individual se xa a presentaron como parte da sociedade.
De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.
O prazo de presentación será do 11 septembro de 2021 ao 10 de outubro de 2021, ámbulos dous incluídos.
(1) Deberá terse en conta as Comunicacións da Comisión Europea sobre Marco Temporal relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual brote de Covid-19: (2020/C 91I/01C/2020/1863) (DOUE C 91I do 20.3.2020), e modificacións do 3/04/2020, publicada no DOUE C 112I de o04/04/2020), e do 12/05/2020, publicada no DOUE C 164 do 13/05/2020.
Nome: Solicitude de axudas PLAN REACTIVA BETANZOS: PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO AO COMERCIO LOCAL 2021.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)
Presencial