Sede electrónica Concello de Betanzos

08:15:14 Domingo 28 de febreiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria: Renovación de praza 1-15 de marzo; Novo ingreso: 1-31 de marzo.
Convocatoria Extraordinaria: Consultar o artigo 9.9 da Ordenanza Reguladora.

SOLICITUDE DE RENOVACIÓN DE PRAZA (1 - 15 de marzo)

SOLICITUDE DE NOVO INGRESO (1 - 31 de marzo)

  • Formulario de Solicitude de Novo Ingreso en Escola Infantil Municipal
  • Fotocopia do libro de familia, no seu defecto documento oficial que acredite a situación familiar.
  • Fotocopia do DNI / NIE / Pasaporte do pai e da nai ou dos/as representantes/as legais.
  • Fotocopia do título de familia numerosa.
  • Xustificantes de ingresos (copias da declaración do IRPF ou, no caso de non estar obrigados a declarar, certificación expedida pola Axencia tributaria relativa ao 2018).
  • Xustificación de ocupación ou desemprego (fotocopia da última nómina, certificado de vida laboral, certificado de empresa, último recibo de pagamento da cota da Seguridade Social no caso de autónomos/as ou certificado de ser demandante de emprego expedido polo SEPE).
  • Para solicitantes con residencia noutro Concello: certificado de empadroamento e convivencia e, de ser o caso, certificación de empresa de ter posto de traballo en Betanzos.
  • Sentenza de separación / divorcio, convenio regulador ou medidas paterno-filiais.
  • Certificado do grao de discapacidade ou dependencia alegada polos membros da unidade familiar.
  • Informe médico expedido polos servizos públicos de saúde no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións graves dos membros da unidade familiar.
  • Informe de integración no caso de nenos/as con necesidades de apoio específico.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como abandono do fogar, maltrato, acollemento familiar, persoas a cargo da unidade familiar, etc.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.