Sede electrónica Concello de Betanzos

05:47:05 Sábado 26 de abril 2025

Información

SERVIZOS SOCIAIS

04/05/2022

Campamento de verán Betanzos Concilia 2022

EXP: 2022/S005/000001

O Concello de Betanzos abre o prazo para a inscrición no Campamento de verán Betanzos Concilia 2022 do 9 o 27 de maio.

A solicitude e as bases estarán dispoñibles na sede electrónica do Concello de Betanzos https://sede.betanzos.gal, no apartado de servizos sociais, lugar polo que se tramitará a solicitude e se aportará a documentación. Na páxina web do Concello de Betanzos achégase tamén toda a información sobre o procedemento www.betanzos.gal.

As cotas do campamento pagaranse unha vez aparecido na lista de admitidos/as o nome do/a neno/a e sempre con anterioridade ao inicio da actividade a través dunha transferencia na conta do Banco Sabadell co IBAN ES23 0081 2215 6900 0114 5819. Deberase indicar o nome e apelidos do/a neno/a e como concepto “Campamento de verán 1.º quenda/ 2.ª quenda/ 3.ª quenda”.

Unha vez realizado o ingreso o xustificante entregarase por correo electrónico a marta.pineiro@betanzos.gal. A entrega do xustificante de pago será o único garante de reserva de praza e realizarase ata o luns 20 de xuño.

Excepcionalmente, as persoas que acrediten que non contan con medios necesarios para realizar o trámite por esta vía, poderán contactar co Departamento de Servizos Socias chamando ao número 981.77.07.07

 


Xustificantes de Publicación: