CAMBIO DE USO DUN TERREO PARA O CENTRO DE DIA
EXP: 2022/U035/000001
CONCELLO DE BETANZOS
ANUNCIO do acordo plenario de cambio de uso dun terreo.
O Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o dia 13 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte acordo:
PRIMEIRO. Cambiar o uso principal da parcela de referencia catastral 3625621NH6932S0001HW ubicada na Avda. do Carregal do Concello de Betanzos de uso dotacional educativo a uso dotacional sanitario asistencial.
SEGUNDO. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.
TERCEIRO. Remitir o acordo á Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e Departamentos municipais interesados na súa tramitación, para os efectos do seu coñecemento.
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 de la Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artígo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis procedente e sexa conforme a dereito.
Betanzos, 15 de febreiro de 2023
A Alcaldesa
María Barral Varela