Sede electrónica Concello de Betanzos

20:44:48 Domingo 11 de maio 2025

Información

URBANISMO

04/07/2023

EN NOME DA ASOCIACION DE HOSTELERIA DE BETANZOS SOLICITUDE AMPLIACION HORARIO - 7, 8 E 9 DE XULLO FE

EXP: 2023/G003/001311

DECRETO: Concesión de Ampliación de Horario dos locais de hostalaria durante a celebración da Feira Franca os días 7,8 e 9 de xullo de 2023, e durante as festas de San Roque do 14 ao 26 de agosto de 2023.. (Expte.2023/X999/000318). EXPEDIENTE: 2023/G003/001311

Doña María Barral Varela, Alcaldesa do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente conferidas.

Vistos os seguintes antecedentes que constan no expediente:

ANTECEDENTES

PRIMEIRO. Vista a solicitude realizada pola asociación de hostalaría de Betanzos (Rep. Manuel Cupeiro Cagiao) con rex. de entrada nº202399900003474 de 30/06/2023 na que solicita a ampliación en duas horas do horario de peche dos locales de hostalaría durante a celebración da Feira Franca os días 7,8 e 9 de xullo e durante as festas de San Roque dende o día 14 ata o día 26 de agosto (ambos os incluídos).

SEGUNDO. O concello pretende dar resposta as demandas da veciñanza en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa ORDE de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

LEXISLACIÓN APLICABLE

- A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:

- A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas

- A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

- A Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa

- A Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

CONSIDERACIÓNS

PRIMEIRA. Modificacións de horarios

De acordo con o artigo 17.2 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os horarios xerais poderán ser ampliados ou reducidos nos supostos que se establecen nos artigos 9 e 10 da Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas orde.

SEGUNDA. Corresponderá aos respectivos concellos, segundo o disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a ampliación ou redución dos horarios xerais.

Ao amparo do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os concellos poderán ampliar para todo o seu termo municipal ou para zonas concretas do mesmo os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público así como de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, durante a celebración das festas e verbenas populares, do Entroido, da Semana Santa e do Nadal, facendo compatible, en todo caso, o seu desenvolvemento coa aplicación das normas vixentes en materia de contaminación acústica.

En todos os supostos anteriores, as ampliacións de horario non poderán superar, en ningún caso, en 2 horas os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

Os concellos tamén poderán ampliar o horario xeral de determinados espectáculos públicos musicais de características específicas ou excepcionais ata un máximo de 2 horas

TERCEIRA. O concello de Betanzos celebrará a Feira Franca Medieval os días 7,8 e 9 de xullo e as Festas de San Roque os días 14 a 26 de agosto de 2023.

Visto canto antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na Lexislación aplicable procedendo a súa aprobación pola alcaldesa de acordo co artigo 61.1.o) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e no Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que aproba o regulamento de organización e funcionamento das corporacións locais.

Ao abeiro da atribución concedida á Alcaldía segundo o artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local, e 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Ampliar en 2 horas o horario de peche ordinario dos establecementos do termo municipal de Betanzos abertos ao público así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración da Feira Franca, durante os días 7, 8 e 9 (noite do 9) de xullo de 2023 e durante a celebración das festas de San Roque dende o día 14 ata o día 26 de agosto (noite do 26) de 2023.

SEGUNDO.- Dar publicidade deste acordo con anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como na páxina web deste Concello e comunicarllo á policía.

TERCEIRO.- Dar traslado da presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

Betanzos, na data que figura na marxe

A alcaldesa                  O secretario accidental

María Barral Varela      Daniel Pereiro Cachaza


Xustificantes de Publicación: