Sede electrónica Concello de Betanzos

17:02:43 Xoves 19 de setembro 2024

Información

SERVIZOS SOCIAIS

14/07/2023

Listaxe provisional de admitidos/as no comedor e mañanceiros do Ceip Vales Villamarin

EXP: 2023/S001/000192

Faise pública a listaxe provisional de persoas admitidas/os no servizo de comedor e mañanceiros do Ceip Francisco Vales Villamarin. Curso 2023-24.

A presente listaxe é provisional. Establécese un prazo de reclamacións de 10 días a partir do día seguinte da súa publicación. Unha vez rematado este prazo, procederase á publicación da listaxe definitiva.

As persoas que solicitaron a bonificación da cota e están pendentes de aportar a documentación requirida, deben facelo no prazo indicado.

De non aportala, manterán a praza no servizo, aboando a cota completa.

Aquelas que teñan algunha cota pendente de pago, deberán liquidala antes do día 18 de agosto. Do contrario, non obterán praza no servizo para o vindeiro curso 2023/2024.

As solicitudes presentadas fora de prazo resolveranse unha vez publicada a listaxe definitiva.

Para calquera aclaración pode contactar có Departamento de servizos sociais de xeito presencial ou por teléfono,no 981770707.


Xustificantes de Publicación: