Actuacion previas a expediente de orden de ejecución, por inmueble en mal estado en rúa Torre, númer
EXP: 2023/G003/002081
DECRETO:ORDE DE EXECUCIÓN POLO MAL ESTADO DE CONSERVACIÓN DO INMOBLE SITUADO NA RÚA TORRE, NUMERO, 13, (REFERENCIA CATASTRAL 4025707NH6942N0001OZ), DO QUE SON TITULARES A HERDANZA XACENTE DE ÁLVARO E RAMON MIGAL CACHAZA.(Herdeiros de Eladio Migal Feito)
EXPEDIENTE: 2023/I004/000001
EXPEDIENTE:2023/G003/002081
ANTECEDENTES.- Os que constan no expediente administrativo, que se dan aquí por reproducidos, e dos que interesa salientar aos efectos que nos ocupan:
PRIMEIRO. PRIMEIRO. Por Decreto do concelleiro delegado de Educación, Deportes, Urbanismo e Casco Histórico e Patrimonio (competencia delegada por Decreto da Alcaldía nº. 1423/2021, do 25 de novembro, BOP nº. 232, do 7 de decembro), do 17/04/2023, resólvese entre outros:
"PRIMEIRO.- Ditar orde de execución a herdanza xacente de Don Álvaro e Don Ramón Migal Cachaza (Herdeiros de don Eladio Migal Feito), por sere a titular do inmoble sito na rúa Torre nº 13 desta localidade, (Ref. catastral 4025707NH6942N0001QZ), por mor do incumprimento das condicións de seguridade e do deber de conservación...
SEGUNDO.- A orde de execución consistirá, consonte establece o art. 336 en relación co art. 338, ámbolos dous do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, e de conformidade co informe emitido pola arquitecta técnica municipal:... "
SEGUNDO. A arquitecta técnica municipal emite informe con data 25/05/2023, no que sinala
"TERCEIRO.- Consideracións legais e técnicas:
1. Parte policial do 15.05.2023, informa literalmente o seguinte:
- En relación al informe solicitado sobre la adopción de medidas de seguridad impuestas por decreto al/a los propietarios/s del número 13 de la Rúa Torre de betanzos, A Coruña, se informa de lo siguiente: Que no se observan implantadas ninguna de las medidas de seguridad exigidas en el mencionado decreto. Que la fachada sigue totalmente descubierta, tal y como se puede observar en las fotografías adjuntas a este informe. Que en lugar de las medidas propuestas por el decreto se han colocado vallas de obra atornilladas al suelo, cortando parte de la calle pública e impidiendo así el tránsito de los viandantes, y dañando el suelo de empedrado propiedad municipal.
2. Estado de cumprimento da orde de demolición: Non cumprida".
E conclúe
"En relación ao inmoble de referencia, comprobouse que non se levaron a cabo as actuacións ordenadas. En consecuencia, considero incumprida a orde de demolición acordada".
LEXISLACIÓN APLICABLE.-
A Lexislación aplicable vén determinada:
— Os artigos 29 e 30 da Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
— O artigo 136 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
— O artigo 336 do regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado por Decreto 143/2016, de 22 de setembro.
— Os artigos 97 a 101 e 103 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
— Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal do Concello de Betanzos aprobadas definitivamente con data 28.11.1996 (BOP de 27.01.1997).
— Plan Especial de Protección e Ordenación do Casco Histórico, (aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo de A Coruña, o 02.12.1992, e publicado no BOP nº. 92, do 23.01.2001).
FUNDAMENTOS DE DEREITO.-
PRIMEIRO. As persoas propietarias das edificacións están obrigadas a realizar as obras de edificación, conservación e rehabilitación nos prazos e condicións previstas nas leis, especialmente naquelas que contemplan os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social, nos instrumentos de plan e, no seu caso, nos instrumentos de xestión e ordes de execución que os recollan.
O incumprimento das obrigas establecidas no apartado anterior facultará á administración para a adopción, á súa elección e previa audiencia das persoas obrigadas, de calquera das medidas seguintes:
a) Execución forzosa.
b) Expropiación forzosa.
c) Venda forzosa.
d) Substitución forzosa.
As multas coercitivas supoñen a imposición do pago dunha cantidade como consecuencia dunha contravención, un previo incumprimento dunha obligación de facer, neste caso, a realización das obras de reparación, conservación ou mellora. As multas coercitivas non son un castigo, non teñen una finalidade represiva, senón que pretenden modificar una conduta mediante un estímulo negativo. É dicir, que o seu mantemento depende da conduta posterior do suxeito pasivo. O Tribunal Constitucional foi rotundo neste sentido: caracteriza as multas coercitivas como una medida de autotutela executiva da Administración «tendente a obter a acomodación dun comportamento obstativo do destinatario do acto ao disposto na decisión administrativa previa» (STC 239/1988, fundamento xurídico 2); é dicir, un tipo de medidas que engarzan co principio de eficacia administrativa establecido expresamente no artigo 103 da Constitución Española de 1978, non con finalidades represivas (STC 148/1993, de 29 de abril, fundamento xurídico 4).
SEGUNDO.- As ordes de execución son executivas desde o momento en que se ditan. Efectuada a advertencia previa e transcorrido o prazo de execución voluntaria, no caso de persistir o incumprimento da orde de execución, a administración municipal procederá á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables trimestralmente, sen que en ningún caso poidan superar individualmente ou no seu conxunto o 75 % do custo de reposición da edificación ou dunha nova construción con características similares, excluído o valor do solo.
A imposición das multas coercitivas reiterarase até lograr a completa execución do ordenado, salvo que a Administración competente opte, en calquera momento, pola execución subsidiaria.
A administración municipal tamén poderá acudir á execución subsidiaria, de maneira directa ou a través dun axente edificador con capacidade e compromiso suficiente para asumir as responsabilidades previstas neste artigo, coa obligación de solicitar licenza de obra no prazo de tres meses, a contar desde a data na que estea resolta a dispoñibilidade do terreo e tras a correspondente expropiación do mesmo.
TERCEIRO.- O procedemento para levar a cabo a declaración do incumprimento será o seguinte:
As Administracións Públicas, a través dos seus órganos competentes en cada caso, poderán proceder, previo apercibimiento, á execución forzosa dos actos administrativos, salvo nos supostos en que se suspenda a execución de acordo coa Lei, ou cando a Constitución ou a Lei esixan a intervención dos Tribunais.
A execución forzosa pódese levar a cabo a través dalgún dos seguintes medios:
— Prema sobre o patrimonio.
— Execución subsidiaria.
— Multa coercitiva.
— Compulsión sobre as persoas.
Cando así o autoricen as Leis, e na forma e contía que estas determinen, as Administracións Públicas poden, para a execución de determinados actos, impor multas coercitivas, reiteradas por lapsos de tempo que sexan suficientes para cumprir o ordenado, nos seguintes supostos:
a) Actos personalísimos en que non proceda a compulsión directa sobre a persoa do obrigado.
b) Actos en que, procedendo a compulsión, a Administración non a estimase conveniente.
c) Actos cuxa execución poida o obrigado encargar a outra persoa.
A multa coercitiva é independente das sancións que poidan imporse con tal carácter e compatible con elas.
A imposición das multas coercitivas reiterarase até lograr a completa execución do ordenado, salvo que a Administración competente opte, en calquera momento, pola execución subsidiaria.
CUARTO. Tanto os custos da execución subsidiaria das ordes de execución como o importe das multas coercitivas que se impoñan, no seu caso, poden esixirse mediante o procedemento administrativo de prema.
CUARTO. O procedemento para levar a cabo a execución subsidiaria da orde de execución é o seguinte:
A. Os Servizos Técnicos Municipais virarán visita de inspección ao inmoble a fin de comprobar se efectivamente se incumpriu a orde de execución das obras de reparación ou conservación e rehabilitación. Consta.
B. Comprobado o incumprimento, pola alcaldía incoarase o expediente de imposición de multas coercitivas por incumprimento da orde de execución, de conformidade co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, outorgando ao interesado un trámite de audiencia por un prazo de entre dez e quince días, a fin de que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime pertinentes.
C. Concluído o trámite de audiencia, e á vista das alegacións formuladas respecto diso, a alcaldía, no seu caso, procederá á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables trimestralmente, baixo o apercibimento de que, se non executa a orde no prazo estipulado, procederase a executar as actuacións subsidiariamente polo Concello.
D. Esta resolución será notificada a todos os interesados con indicación dos recursos pertinentes.
CONCLUSIÓN.- Tense que incoar expediente de declaración de incumprimento as obrigacións relativas á edificación, conservación e rehabilitación.
Visto canto antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na Lexislación aplicable procedendo a súa aprobación pola alcaldesa de acordo co artigo 61.1.o) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local RESOLVO:
PRIMEIRO. Incoar expediente para a imposición de multas coercitivas, até o cumprimento do ordenando na orde de execución, por contía de 1.000 euros, reiterables trimestralmente, sen que en ningún caso poidan superar individualmente ou no seu conxunto o 75 % do custo de reposición da edificación ou dunha nova construción con características similares, excluído o valor do solo.
A incoación do expediente diríxese contra o seguinte inmobre e propietario:
Inmoble sito na rúa Torre, nº 13, desta localidade (refs.catastral 4025707NH6942N0001OZ ) , do que son titulares a herdanza xacente de Álvaro e Ramón Migal Cachaza (Herdeiros de Eladio Migal Feito).
SEGUNDO .Conceder trámite de audiencia ao interesado por un prazo de dez días, a fin de que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime pertinentes. .
Todo o anterior, entenderase sen prexuízo da apertura do correspondente Expediente Sancionador á propiedade pola Infracción Urbanística cometida, así como a obriga do resarcemento dos danos e indemnización das perdas a cargo deles, con independencia do anterior; nos termos e procedementos esixibles, conforme aos artigos 152.4 e 157 de LSG, o que se valorará polo órgano municipal correspondente.
TERCEIRO. Notificar a presente resolución ao interesado, aos efectos oportunos.
CUARTO.-Dese traslado desta resolución a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, dado que a edificación encontrase dentro do ámbito do Casco Histórico de Betanzos..
QUINTO.- Dar traslado do presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
Betanzos, na data que figura na marxe
O delegado de urbanismo O secretario,
(Por Decreto de alcaldía nº 129/2020 (Asinado aos efectos do art.3.2 do RD 128/18, do 16 marzo)
de data 06.02.2020 BOP nº 36 do 21.02.2020)
Diego Fernández López Adrián J. Márquez Caramés.