Sede electrónica Concello de Betanzos

14:43:21 Sábado 27 de xullo 2024

Información

URBANISMO

19/07/2024

Anuncio expediente de determinación do carácter público ou privado do camiño do Tarreo, Betanzos

EXP: 2024/X999/000235

ANUNCIO

O Delegado de Urbanismo do Concello de Betanzos, ditou resolución que literalmente se transcribe:

"... DECRETO: Incoación de expediente para a determinación do carácter público ou privado do camiño con referencia catastral 15009A011090130000EW nomeado "Camiño do Tarreo" sito no Lg. de Infesta, parroquia de Santiago de Requián.

EXPEDIENTE: 2024/X999/000235

Don Diego Fernández López, concelleiro delegado de urbanismo  do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente delegadas por resolución nº 1162 de data 20 de xuño de 2023

Vistos os antecedentes que constan no expediente número 2024/X999/000235, sobre da determinación do carácter público ou privado do camiño con referencia catastral 15009A011090130000EW nomeado "Camiño do Tarreo" sito no Lg. de Infesta, parroquia de Santiago de Requián, Betanzos, e dos que se reseñan os seguintes:

- Certificación descritiva e gráfica de data 12 de marzo de 2024, da parcela referencia catastral 15009A011090130000EW.

- Informe de 2 de xullo de 2024, dos servizos xurídicos con seguinte CVD: F7NHF6tlkzDgsKqnUiQu.

- Informe de 4 de xullo de 2024, dos servizos xurídicos con seguinte CVD: bGTfH6cE2RKlEooM1Vr2.

Considerando a seguinte normativa específica de aplicación ao presente expediente:

- Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local

- Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais

- Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Visto todo o que antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na lexislación aplicable e de conformidade co artigo 21 y 124.ñ da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e coa delegación funcións acordada no decreto nº 1162/2023 de data 20 de xuño de 2023 (BOP nº 123 do 29 de xuño de 2023), esta delegación RESOLVE:

PRIMEIRO.- Constatada a concorrencia das premisas para o exercicio da potestade investigadora, segundo indica o informe do asesor xurídico de data 4 de xullo de 2024, incoar expediente de investigación da titularidade dos seguintes bens ou dereitos:

- Ben: "Camiño do Tarreo" sito no Lg. de Infesta, parroquia de Santiago de Requián.

- Referencia. catastral: 15009A011090130000EW  

Camiño que presuntamente pertence ao Concello de Betanzos e solicitar dos Rexistros que procedan cuantos antecedentes e datos consten relativos ao ben investigado, incorporándose ao expediente as certificacións que se expidan a este efecto.

SEGUNDO.- Publicar o acordo de iniciación no Boletín Oficial da Provincia; ademais estará a disposición dos interesados na sede electrónica do Concello (dirección https://sede.betanzos.gal), e será exposto no taboleiro de anuncios deste Concello un exemplar do boletín durante un prazo de quince días.

TERCEIRO. Dar traslado do acordo de iniciación á Administración Xeral do Estado e á da Comunidade Autónoma para que, no seu caso, poidan facer valer os seus dereitos e alegar o procedente.

CUARTO. Notificar aos afectados polo expediente de investigación que resulten coñecidos e identificables, que son todos os titulares catastrais das parcelas colindantes co camiño.

QUINTO. Abrir trámite de información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao que deba darse por rematada a publicación dos anuncios no taboleiro da Corporación, para que as persoas afectadas polo expediente de investigación poidan alegar por escrito canto estimen conveniente ao seu dereito ante a Corporación, acompañando todos os documentos en que funden as súas alegacións.

No caso dos titulares catastrais das parcelas colindantes co camiño, este prazo comezará a contar desde a notificación persoal.

SEXTO. Rematado o prazo para presentar alegacións, abrir un período de proba por prazo de quince días, no que serán admisibles os seguintes medios probatorios:

a) Os documentos públicos xudiciais, notariais ou administrativos outorgados conforme Dereito;

b) O recoñecemento e ditame pericial;

c) A declaración de testemuñas.

SÉTIMO. Practicadas as probas e valoradas polos servizos técnicos e xurídicos municipais, poñer de manifesto o expediente ás persoas a quen afecte a investigación e tivesen comparecido nel, para que, durante un prazo de 10 días, aleguen o que crean conveniente ao seu dereito.

OITAVO.-  Notificar esta resolución e dar traslado da mesma aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

..."

Betanzos, 10 de xullo de 2024.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

O Secretario

Adrián J. Márquez Caramés.

 


Xustificantes de Publicación: