Sede electrónica Concello de Betanzos

13:10:27 Xoves 26 de decembro 2024

Información

Servizo de Normalización Lingüística

02/12/2024

Anuncio da modificación do xurado do XII Concurso de creación literaria

EXP: 2024/G003/002145

O Concello de Betanzos publica a modificación do nomeamento do xurado do XII Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos ao abeiro da Resolución da Alcaldía  2024/G003/002145, do 2 de decembro de 2024, que resolve expresamente o seguinte:

 

"PRIMEIRO. Modificar o nomeamento do xurado do XII Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos, que estará composto polos seguintes membros:

 

Presidente: Andrés Teijo Hermida, concelleiro.

Secretario: Xosé María Veiga Ferreira, arquiveiro.

Vogal: Esperanza Zapata Barbeito, representante do CPR Nosa Señora do Carme "Atocha".

Vogal: Elena Veiga Rilo, representante do IES As Mariñas.

Vogal: Francisco Rodríguez Coloma, representante do IES Francisco Aguiar.

Vogal: Dores Tembrás Campos, escritora.

 

SEGUNDO. Publicar no taboleiro e na sede electrónica do Concello de Betanzos o Decreto de modificación do nomeamento do xurado do XII Concurso de creación literaria.

TERCEIRO. Darlle traslado deste Decreto aos distintos servizos administrativos da corporación, e darlle conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se realice en cumprimento do disposto no artigo 42 do Real decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais."

 


Xustificantes de Publicación: