Sede electrónica Concello de Betanzos

13:33:42 Xoves 16 de xullo 2026

Información

URBANISMO

16/07/2026

SOLICITA: SOLICITO AMPLIACIÓN DE HORARIO PARA LA FINAL DEL MUNDIAL DE FUTBOL 2026 PARA LOS DÍAS 19 Y

EXP: 2026/G003/001243

DECRETO: Concesión de Ampliación en 1 hora de Horario dos locais de hostalaría durante a celebración da FINAL DO MUNDIAL DE FUTBOL 2026 (noite do DOMINGO 19 de XULLO ao LUNS 20 de XULLO de 2026) (Expte.2026/X998/000239)

EXPEDIENTE: 2026/G003/001243

Don Diego Fernández López, Concelleiro delegado de urbanismo do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente conferidas.

Vistos os seguintes antecedentes que constan no expediente:

ANTECEDENTES

PRIMEIRO. Visto o escrito presentado por ASOC PROV EMPRES HOSTELERIA A CORUÑA (representada por D. Héctor Cañete Del Campo de data 15/07/2026, rexistro de entrada nº 202699900004317 na cal solicita: “Solicito ampliación de horario para la Final del Mundial de Futbol 2026 para los días 19 y 20 de julio de 2026 (ambos inclusive ) para los establecimientos asociados a nuestra asociación.”

SEGUNDO. O concello pretende dar resposta as demandas da veciñanza en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa ORDE de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

LEXISLACIÓN APLICABLE

- A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:

- A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas

- A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

- A Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa

- A Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

CONSIDERACIÓNS

PRIMEIRA. Modificacións de horarios

De acordo con o artigo 17.2 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os horarios xerais poderán ser ampliados ou reducidos nos supostos que se establecen nos artigos 9 e 10 da Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas orde.

SEGUNDA. Corresponderá aos respectivos concellos, segundo o disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a ampliación ou redución dos horarios xerais.

Ao amparo do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os concellos poderán ampliar para todo o seu termo municipal ou para zonas concretas do mesmo os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público así como de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, durante a celebración das festas e verbenas populares, do Entroido, da Semana Santa e do Nadal, facendo compatible, en todo caso, o seu desenvolvemento coa aplicación das normas vixentes en materia de contaminación acústica.

En todos os supostos anteriores, as ampliacións de horario non poderán superar, en ningún caso, en 2 horas os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

Os concellos tamén poderán ampliar o horario xeral de determinados espectáculos públicos musicais de características específicas ou excepcionais ata un máximo de 2 horas.

Visto canto antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na Lexislación aplicable procedendo a súa aprobación pola alcaldesa de acordo co artigo 61.1.o) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e no Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que aproba o regulamento de organización e funcionamento das corporacións locais.

Ao abeiro da atribución concedida á Alcaldía segundo o artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local, e 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia. Resolvo:

PRIMEIRO.- CONCEDER a ampliación en 1 hora do horario de peche ordinario dos establecementos do termo municipal de Betanzos abertos ao público así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a noite do DOMINGO 19 de XULLO ao LUNS 20 de XULLO de 2026 con motivo da celebración da FINAL DO MUNDIAL DE FUTBOL 2026

SEGUNDO.- Dar traslado da presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

Betanzos, na data que figura na marxe

O Delegado de urbanismo O secretario

(Decreto nº 1162/2023 do 20/06/2023) (Asinado aos efectos do art.3.2 do RD 128/18, do 16 marzo)

Diego Fernández López Adrián J. Márquez Caramés


Xustificantes de Publicación: