Declaracións de incumprimento en varios expedientes
EXP: 2021/X999/000086
ASUNTO: Declaración de incumprimento
EXPEDIENTE: 2026/G006/000079, 2026/G006/000080, 2026/G006/000082 e 2021/X999/000086
ANUNCIO DO CONCELLO DE BETANZOS.
Por medio deste anuncio, fáiselles saber aos interesados que a Xunta de Goberno Local adoptou os acordos relativos aos expedientes urbanísticos que se especifican. O presente anuncio realízase de conformidade co previsto no artigo 26.4 da Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
2022/I004/000023 e 2026/G006/000079. Declaración de incumprimento do deber de conservación e rehabilitación e inicio do procedemento de venda forzosa do inmoble sito na Rúa Nova, nº 55, Betanzos. Rúa Nova, nº 55, Betanzos. (Ref. Catastral: 3926709NH6932N)
2024/I007/000006 (e 2023/I004/000014). Declaración de incumprimento do deber de conservación e rehabilitación e inicio do procedemento de venda forzosa do inmoble sito na Rúa Ferreiros, 27. Rúa Ferreiros, nº 27, Betanzos. (Ref. Catastral: 3926709NH6932N)
2026/G006/000082. Declaración de incumprimento do deber de conservación e rehabilitación e inicio do procedemento de venda forzosa do inmoble sito na Praza da Constitución, nº 2, Betanzos. Praza da Constitución, nº 2, Betanzos. (Ref. Catastral: 3926709NH6932N)
2021/X999/000086. Declaración de incumprimento do deber de conservación e cambio de sistema de execución subsidiaria a expropiación no lugar de camiño da Veiga. Referencia catastral 4524909NH6942S0001DY* ZONA RÚSTICA. Trátase exclusivamente da zona de servidume de protección do dominio público* Finca segregada urbanísticamente. Pendente de regularizar no catastro.
Trámite de Audiencia e Información Pública:
As persoas interesadas ou que se consideren prexudicadas poderán examinar a documentación de luns a venres nas oficinas de Urbanismo deste Concello, ou ben a través da sede electrónica municipal na dirección: sede.betanzos.gal. Durante o prazo de 20 días hábiles contados desde a publicación deste anunco no DOG, poderanse formular cantas alegacións, suxestións, reclamacións ou xustificacións se consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Betanzos, na data que figura na marxe
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
A alcaldesa
María Barral Varela