Sede electrónica Concello de Betanzos

11:15:10 Sábado 7 de xuño 2025
Estás en:

Información

Servizos Sociais

02/06/2020

O Concello de Betanzos abre o prazo para a inscrición no Campamento de verán Betanzos Concilia.

A solicitude e as bases estarán dispoñibles na sede electrónica do Concello de Betanzos
https://sede.betanzos.gal, lugar polo que tramitar a mesma e aportar documentación.
Na páxina web do Concello de Betanzos achégase tamén toda a información sobre o
procedemento. www.betanzos.es

As cotas do campamento pagaranse unha vez aparecido na lista de admitidos/as o nome do/a
neno/a e sempre con anterioridade ao inicio da actividade a través dunha transferencia na conta
do Banco Sabadell co IBAN ES23 0081 2215 6900 0114 5819. Deberase indicar o nome e
apelidos do/a neno/a e como concepto “Campamento de verán 1.º quenda/ 2.ª quenda/ 3.ª
quenda”.

Unha vez realizado o ingreso o xustificante entregarase por correo electrónico a
marta.pineiro@betanzos.gal.
A entrega do xustificante de pago será o único garante de reserva de praza e realizarase
ata o 25 de xuño.

Só cando exista causa debidamente xustificada que impida a presentación telemática, deberáse
de solicitar unha cita telefónica có Departamento de Servizos Sociais para valorar outras opcións.