Sede electrónica Concello de Betanzos

03:36:02 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación de inicio de obra previamente autorizada

O inicio das obras de nueva edificación, ampliación ou reestruturación xeral autorizadas mediante a correspondente licenza urbanística, esixe a presentación no Rexistro do concello da comunicación de inicio das obras presentando ademais o correspondente Proxecto de execución, no caso de que non se presentara previamente, e a documentación complementaria que proceda.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación de inicio de obra previamente autorizada.
  • En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
  • Proxecto de execución se non se presentou previamente.
  • Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos Servizos de Telecomunicacións redactada polo técnico competente dacordo co RD.lei 1/1998, se non se presentou previamente.
  • Estudo de seguridade e saúde segundo o RD 1627/1997 redactado polo técnico competente, se non se presentou previamente.
  • Se é o caso, proxecto técnico redactado polo técnico competente da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria, se non se presentou previamente.
  • Oficio da dirección da execución de obra, se non se presentou previamente.
  • Estudo de xestión de residuos segundo o RD. 105/2008.
  • Documento asinado polo técnico redactor do proxecto onde se sinale que o proxecto técnico de execución axústase e desenvolve ás determinacións do proxecto básico que serviu para a concesión da licenza sen introducir modificacións substanciais.
  • Folla de Estatística de Edificación e Vivenda
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

Nome: Comunicación de inicio de obra previamente autorizada.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.