O Concello de Betanzos pretende achegar unha axuda ás entidades culturais municipais sen ánimo de lucro coa finalidade de colaborar co mantemento da actividade das asociacións culturais, fomentar a actividade no eido da cultura e facilitar que o tecido asociativo acade os obxectivos de interese xeral que lles son propios. Deste xeito, o Concello exerce as súas competencias no fomento da participación activa da cidadanía, facilita a creación e a produción cultural a nivel local e avanza na realización do dereito de acceso e de participación cidadá na cultura.
Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal. (https://sede.betanzos.gal).
Os anexos necesarios para completar a solicitude desta axuda estarán dispoñibles para descarga na páxina web municipal (https://sede.betanzos.gal), xunto co resto de información relacionada coa convocatoria.
O texto da convocatoria e a información requirida será incluída de maneira previa na Base de Datos Nacional de Subvenciones. A BDNS dará traslado ao BOP de A Coruña o extracto de la convocatoria para su publicación.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 ata o 13 de decembro de 2024.
Nome: Solicitude de Subvencións a entidades culturais concedidas polo concello en réxime de concorrencia competitiva para o exercicio 2024.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte.
Tipo de interesado: Entidades Culturais.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).