Sede electrónica Concello de Betanzos

04:45:39 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de Subvencións dirixidas a Entidades Deportivas 2024

Non hai convocatorias abertas actualmente

O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que alcancen os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade. En canto ás subvencións ás entidades deportivas, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a participación en competicións de ámbito federado, a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións en concorrencia competitiva. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento das citadas actividades federadas, fomento do deporte de base e o fomento do deporte escolar.

As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal. (https://sede.betanzos.gal).

Os anexos necesarios para completar a solicitude desta axuda estarán dispoñibles para descarga na páxina web municipal (https://sede.betanzos.gal), xunto co resto de información relacionada coa convocatoria.

O texto da convocatoria e a información requirida será incluída de maneira previa na Base de Datos Nacional de Subvenciones. A BDNS dará traslado ao BOP de A Coruña o extracto de la convocatoria para su publicación.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 17 de outubro ata o 7 de novembro de 2024.

Nome: Solicitude de Subvencións dirixidas a Entidades Deportivas concedidas polo Concello en Réxime de concorrencia competitiva para o exercicio 2024.

Inicio do procedemento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoas físicas ou xurídicas (Entidades Deportivas).

Órgano de resolución: Alcaldía.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.