Sede electrónica Concello de Betanzos

17:22:42 Sábado 12 de xullo 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de Subvencións dirixidas a Entidades Deportivas 2025

Non hai convocatorias abertas actualmente

O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade.

As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal. (https://sede.betanzos.gal).

Os anexos necesarios para completar a solicitude desta axuda estarán dispoñibles para descarga na páxina web municipal (https://sede.betanzos.gal), xunto co resto de información relacionada coa convocatoria.

O texto da convocatoria e a información requirida será incluída de maneira previa na Base de Datos Nacional de Subvenciones. A BDNS dará traslado ao BOP de A Coruña o extracto de la convocatoria para su publicación.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de quince días hábiles. 

Cando o órgano instrutor reciba algunha solicitude incompleta, requirirá as entidades solicitantes dando un prazo de 10 días hábiles que contará dende o día seguinte ao da notificación do requirimento (artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se a entidade requirida non respondese ao requirimento de emenda, entenderase que desiste da súa solicitude. 

Deberá realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:

Nome: Solicitude de Subvencións dirixidas a Entidades Deportivas concedidas polo Concello en Réxime de concorrencia competitiva para o exercicio 2025.

Inicio do procedemento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoas físicas ou xurídicas (Entidades Deportivas).

Órgano de resolución: Alcaldía.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.