Sede electrónica Concello de Betanzos

13:42:58 Mércores 5 de febreiro 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de Subvencións dirixidas a Entidades de Servizos Sociais 2024

Non hai convocatorias abertas actualmente

O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, dar apoio para fomentar as actividades que no eido dos Servizos Sociais promovan asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Betanzos, contribuíndo á consecución de actuacións que de xeito prioritario se dirixan á poboación máis desfavorecida.

As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal. (https://sede.betanzos.gal).

Os anexos necesarios para completar a solicitude desta axuda estarán dispoñibles para descarga na páxina web municipal (https://sede.betanzos.gal), xunto co resto de información relacionada coa convocatoria.

O texto da convocatoria e a información requirida será incluída de maneira previa na Base de Datos Nacional de Subvenciones. A BDNS dará traslado ao BOP de A Coruña o extracto de la convocatoria para su publicación.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 4 ata o 13 de decembro de 2024.

Nome: Solicitude de Subvencións a entidades de servizos sociais concedidas polo concello en réxime de concorrencia competitiva para o exercicio 2024.

Inicio do procedemento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado:
Entidades de Servizos Sociais.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).