O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, dar apoio para fomentar as actividades que no eido dos Servizos Sociais promovan asociacións e entidades sen ánimo de lucro, que poidan ser consideradas de interese social para o Concello de Betanzos, contribuíndo á consecución de actuacións que de xeito prioritario se dirixan á poboación máis desfavorecida.
Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal. (https://sede.betanzos.gal).
Os anexos necesarios para completar a solicitude desta axuda estarán dispoñibles para descarga na páxina web municipal (https://sede.betanzos.gal), xunto co resto de información relacionada coa convocatoria.
O texto da convocatoria e a información requirida será incluída de maneira previa na Base de Datos Nacional de Subvenciones. A BDNS dará traslado ao BOP de A Coruña o extracto de la convocatoria para su publicación.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de quince días hábiles.
Cando o órgano instrutor reciba algunha solicitude incompleta, requirirá as entidades solicitantes dando un prazo de 10 días hábiles que contará dende o día seguinte ao da notificación do requirimento (artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se a entidade requirida non respondese ao requirimento de emenda, entenderase que desiste da súa solicitude.
Xustificación
O procedemento para presentar a seguinte documentación debidamente cuberta, será a través da achega de documentación complementaria:
Nome: Solicitude de Subvencións a entidades de servizos sociais concedidas polo concello en réxime de concorrencia competitiva para o exercicio 2025.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte.
Tipo de interesado: Entidades de Servizos Sociais.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).