XII Semana do pincho de Betanzos.
Poderán participar neste evento todos aqueles establecementos hostaleiros con local aberto en funcionamento no terno municipal de Betanzos.
O prazo de inscricións irá dende o día 16 ata o día 23 de novembro de 2023, tendo que realizarse a devandita inscrición exclusivamente de xeito telémático a través da Sede electrónica do Concello de Betanzos.
Nome: Solicitude XII EDICIÓN DA SEMANA DO PINCHO DE BETANZOS.
Unidade tramitadora: Comercio, Hostalería e Industria, Protocolo e Festas.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: establecementos hostaleiros con local aberto en funcionamento no termo municipal de Betanzos.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).