XVI Semana da tortilla de Betanzos.
Poderán participar neste evento todos aqueles establecementos hostaleiros con local aberto e en funcionamento no termo municipal de Betanzos.
O prazo de inscricións irá dende o día 30 de setembro ata o día 7 de outubro de 2026, tendo que realizarse a devandita inscrición de xeito telemático a través da Sede Electrónica do Concello de Betanzos ou de forma presencial no rexistro municipal en horario de 09:00 a 14:00 h, segundo corresponda.
Nome: Solicitude XVI EDICIÓN DA SEMANA DA TORTILLA DE BETANZOS .
Unidade tramitadora: Comercio, Hostalaría e Industria, Protocolo e Festas.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: establecementos hostaleiros con local aberto e en funcionamento no termo municipal de Betanzos.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).