Sede electrónica Ayuntamiento de Betanzos

05:28:31 Jueves 31 de octubre 2024

Información

SECRETARÍA

23/08/2023

Bando aforro auga

EXP: 2023/X998/000410

BANDO DA ALCALDÍA ACCIÓNS PREVENTIVAS POR RISCO DE SECA


 

Veciñas e veciños de Betanzos,


 

Ante o estado de seca prolongada decretado pola Xunta na unidade territorial de seca 04 río Mero a Ferrol a que pertence Betanzos, é necesario aplicar unha serie de medidas para optimizar a xestión da auga como:

 

-Eliminación do consumo en fontes ornamentais e elementos similares que se abastezan da rede municipal.


 

-Redución do baldeo de rúas para a súa limpeza.


 

-Redución dos regos públicos e privados aos estrictamente necesarios.

 

-Prohibición do enchido de piscinas.


 

-Prohibición do lavado de vehículos agás nos establecimientos habilitados

 


 

É necesario tomar conciencia da importancia de levar a cabo medidas de aforro no consumo da auga, evitando o malgasto e minimizando os usos prescindibles.


 

Como alcaldesa solicito a colaboración dos veciños e as veciñas, das institucións públicas e máis das privadas e das empresas con sede no concello, para que se tomen as precaucións necesarias para evitar o gasto innecesario de auga.


 

Dende o Concello seguiremos ás indicacións da Xunta e manteremos informa á ciudadanía da situación e das medidas que sexa necesario tomar.


 

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

A Alcaldesa de Betanzos,

María Barral Varela


 

Betanzos, 23 de agosto 2023


Justificantes de Publicación: