Solicitud General a nombre de ASOC PROV EMPRES HOSTELERIA A CORUÑA. Solicita: AMPLIACIÓN DE HORARIO PARA LOS DIAS DEL 11 DE ABRIL DE 2025 AL 20 DE ABRIL DE 2025 (AMBOS INCLUSIVE) POR SEMANA SANTA.
EXP: 2025/G003/000737
DECRETO: Concesión de Ampliación de Horario dos locais de hostalaria durante a celebración das festas de SEMANA SANTA 2025.(durante a noite do sábado 19 de abril á madrugada do domingo 20 de abril de 2025). (Expte. 2025/X998/000180).
EXPEDIENTE: 2025/G003/000737
Doña María Barral Varela, Alcaldesa do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente conferidas.
Vistos os seguintes antecedentes que constan no expediente:
ANTECEDENTES
PRIMEIRO. Visto o escrito presentado por ASOC. PVAL. EMPRESARIOS DE HOSTELERIA DE A CORUÑA de data 11/03/2025 rexistro de entrada nº 202599900001295 na cal solicita :” AMPLIACIÓN DE HORARIO PARA LOS DIAS DEL 11 DE ABRIL DE 2025 AL 20 DE ABRIL DE 2025 (AMBOS INCLUSIVE) POR SEMANA SANTA”
SEGUNDO. O concello pretende dar resposta as demandas da veciñanza en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa ORDE de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
LEXISLACIÓN APLICABLE
- A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:
- A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas
- A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
- A Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa
- A Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
CONSIDERACIÓNS
PRIMEIRA. Modificacións de horarios
De acordo con o artigo 17.2 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os horarios xerais poderán ser ampliados ou reducidos nos supostos que se establecen nos artigos 9 e 10 da Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas orde.
SEGUNDA. Corresponderá aos respectivos concellos, segundo o disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a ampliación ou redución dos horarios xerais.
Ao amparo do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os concellos poderán ampliar para todo o seu termo municipal ou para zonas concretas do mesmo os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público así como de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, durante a celebración das festas e verbenas populares, do Entroido, da Semana Santa e do Nadal, facendo compatible, en todo caso, o seu desenvolvemento coa aplicación das normas vixentes en materia de contaminación acústica.
En todos os supostos anteriores, as ampliacións de horario non poderán superar, en ningún caso, en 2 horas os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
Os concellos tamén poderán ampliar o horario xeral de determinados espectáculos públicos musicais de características específicas ou excepcionais ata un máximo de 2 horas
TERCEIRA. O concello de Betanzos celebrará as festas de SEMANA SANTA 2025.
Visto canto antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na Lexislación aplicable procedendo a súa aprobación pola alcaldesa de acordo co artigo 61.1.o) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e no Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que aproba o regulamento de organización e funcionamento das corporacións locais.
Ao abeiro da atribución concedida á Alcaldía segundo o artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local, e 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.
Resolvo:
PRIMEIRO.- Ampliar en dúas horas o horario de peche ordinario dos establecementos do termo municipal de Betanzos abertos ao público así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración das festas de SEMANA SANTA 2025, durante a noite do sábado 19 de abril á madrugada do domingo 20 de abril de 2025.
SEGUNDO.- Dar publicidade deste acordo con anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como na páxina web deste Concello e comunicarllo á policía.
TERCEIRO.- Dar traslado da presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
Betanzos, na data que figura na marxe
A alcaldesa O secretario (Asinado aos efectos do art.3.2 do RD 128/18, do 16 marzo)
María Barral Varela Adrián J. Márquez Caramés