Sede electrónica Ayuntamiento de Betanzos

06:29:18 Martes 1 de julio 2025

Información

URBANISMO

27/06/2025

Procedimiento de Comprobación DECLARACION RESPONSABLE DE ACTIVIDADES RECREATIVAS E ESPECTACULOS PUBLICOS A NOME DE PLAY PLAN CULTURAL SL PARA FESTIVAL DO PASATEMPO 27 y 28 de xuño - FESTIVAL FUMEGA 4 e 5 de xulloPARQUE DO PASATEMPO

EXP: 2025/G003/001259

DECRETO: DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA A CELEBRACIÓN DUN ESPECTÁCULO PÚBLICO OU ACTIVIDADE RECREATIVA (Expte. 2025/U015/000019). – 2025/U017/0000019

EXPEDIENTE DECRETO: 2025/G003/001259

Don Diego Fernández López, Concelleiro delegado de urbanismo do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente delegadas por resolución nº1162/2023 de data 20/06/2023.

Vistos os seguintes antecedentes que constan no expediente:

Visto o escrito de PLAY PLAN CULTURAL SL representada por D. Jorge Lorenzo Couselo con rexistro de entrada nº 202599900003683 de data 20/6/2025, no que solicita a declaración responsable para un espectáculo público ou actividade recreativa consistente na realización no período referido FESTIVAL DO PASATEMPO: 27 e 28 DE XUÑO DE 2025 e FUMEGA FEST: 4 e 5 DE XULLO DE 2025 dun espectáculo público de carácter recreativo correspondente á instalación de :a celebración de dous eventos consistentes ambos en espectáculos públicos de carácter recreativo: concertos no auditorio do Parque do Pasatempo, correspondente ao festival "FESTIVAL DO PASATEMPO" e ao "FUMEGA FEST" , a instalar no Auditorio do Parque do Pasatempo. Rúa Fraga Iribarne s/n, BETANZOS , REF. CATASTRAL:Parte da 3621101NH6932S

NORMATIVA APLICABLE:

  • NNSS de planeamento urbanístico do concello de Betanzos, aprobadas definitivamente en data 28 de novembro de 1996, publicación BOP nº 19 do 24.01.1997 (NNSS).

  • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (LECEGA).

  • Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos (RIAE).

  • Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (LEPAR).

  • Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia.

  • Decreto 226/2022, do 22 de decembro, polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento doa espectáculos públicos e actividades recreativas e se constitúe o Rexistro de Empresas e Establecementos.

Visto o informe do servizo de urbanismo emitido pola Arquitecta Técnica en data 27/6/2025, e cosiderando a normativa autonómica específica de aplicación ao presente expediente, Lei 9/2013, do 19 de decembro de emprendemento e compatitividade económica de Galicia (LECEGA), e modificada pola Lei 10/2017, do 27 de decembro (LEPAR).

Considerando o disposto en canto á utilización de bens de dominio público nos artigos 84 e seguintes da Lei 33/03, do 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas; e 74 e seguintes do Regulamento de Bens das Entidades Locais.

Considerando o establecido no artigo 7 do Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, sobre suspensión provisional dos obxectivos de calidade acústica.

Considerando o disposto nos artigos 21.1.f) da Lei 7/85, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local (LBRL).

Considerando o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 7/85 do 2 de abril, de bases de réxime local, e no RD 2568/1986, do 28 de novembro, que aproba o regulamento de organización e funcionamento das corporacións locais.

Considerando a atribución concedida á Alcaldía polo artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril de bases de réxime local, e 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

RESOLVO:

PRIMEIRO.-Acuso recibo da DECLARACIÓN RESPONSABLE DE ACTIVIDADE RECREATIVA/ESPECTACULO PÚBLICO a PLAY PLAN CULTURAL SL representada por D. Jorge Lorenzo Couselo, para a realización dun evento consistente na realización no período referido FESTIVAL DO PASATEMPO: 27 e 28 DE XUÑO DE 2025 e FUMEGA FEST: 4 e 5 DE XULLO DE 2025 dun espectáculo público de carácter recreativo correspondente á: a celebración de dous eventos consistentes ambos en espectáculos públicos de carácter recreativo: concertos no auditorio do Parque do Pasatempo, correspondente ao festival "FESTIVAL DO PASATEMPO" e ao "FUMEGA FEST" , a instalar no Auditorio do Parque do Pasatempo. Rúa Fraga Iribarne s/n, BETANZOS , REF. CATASTRAL:Parte da 3621101NH6932S

Lembrando ao interesado o seguinte:

Para que a documentación presentada habilite para o exercicio da actividade recreativa declarada:

  • Antes da celebración do evento, deberase presentarse certificado de instalación eléctrica provisional de baixa tensión do grupo electróxeno declarado.

  • Deberá presentarse, trala montaxe da instalación, certificación de instalación ou montaxe do escenario subscrita por técnico competente ou por unha entidade de certificación de conformidade municipal (ECCOM), na cal se acredite que as instalacións reúnen as medidas necesarias de seguridade e solidez de todos os seus elementos, nos termos do artigo 40.2.b) ap.6º da LECEGA.

SEGUNDO.- Outorgar a correspondente autorización municipal para o aproveitamento especial dos bens de dominio público (Lei 33/2003).

TERCEIRO.- Suspender o cumprimento dos obxectivos de calidade acústica no emprazamento do evento ( no ámbito do Carregal) (Decreto 106/2015) durante o horario da celebracion. Non obstante, lembrar ao interesado que de acordo co artigo 16.4 da Ordenanza Municipal Reguladora de ruídos e vibracións (BOP., Nº 22 DO 02.02.2022) queda prohibida a emisión de ruído por aparatos de reprodución audiovisual (equipos de música) no exterior, agás no que puntualmente poida autorizar o Concello con motivo de eventos extraordinarios ou festas patronais.

Límite máximo de emisión aplicable durante o período de suspensión os 96 +/- 3 dB.

Necesarias as seguintes medidas correctoras:

  • Orientar as fontes de emisión sonoras cara a zonas libres de vivendas.

  • Establecer un sistema de control acústico, consistente en medicións de control tanto nas probas de son previas como durante a celebración do concerto, a fin de aportar indicacións aos técnicos de sonorización para manter as emisións dentro do volume máximo establecido.

Unha vez finalizada a actividade, deberá de procederse á limpeza e retirada de tódolos residuos producidos, depositándoos en colectores ao efecto dispostos polo promotor, restituíndo a situación anterior de todos os espazos e servizos públicos utilizados.

Deberá darse traslado da autorización aos postos de Policía Local e Protección Civil.

A declaración responsable, unha vez completa, habilita para o exercicio da actividade, o desenvolvemento do espectáculo ou a apertura do establecemento desde a súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección atribuídas á Administración nos termos previstos nos artigos 28 e 29 da LECEGA.

En todo caso será necesario que se solicite a presenza da Policía Local antes da instalación, por se por algún motivo relacionado coa mesma motivara o cambio da ubicación final.

CUARTO.- Outorgar a correspondente autorización municipal para o aproveitamento especial dos bens de dominio público (Lei 33/2003).

QUINTO.- Notificarlle esta resolución á/s persoa/s interesada/s, comunicarlla aos servizos municipais afectados, e dar conta desta na seguinte sesión plenaria ordinaria.

 


 

 


 


Justificantes de Publicación: