AMPLIACION HORARIO FEIRA FRANCA E FESTAS DE SAN ROQUE
EXP: 2025/G003/001352
DECRETO: Concesión de Ampliación de Horario dos locais de hostalaria durante a celebración da FEIRA MEDIEVAL E FESTAS PATRONAIS DE SAN ROQUE 2025. (Expte. 2025/X998/000306).
EXPEDIENTE: 2025/G003/001352
Doña María Barral Varela, Alcaldesa do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente conferidas.
Vistos os seguintes antecedentes que constan no expediente:
ANTECEDENTES
PRIMEIRO. Visto o escrito presentado por D. MANUEL CUPEIRO CAGIAO de data 30/6/2025 rexistro de entrada nº 202599900003823 na cal solicita :”EN REPRESENTACION DE LA ASOCIACION DE HOSTELERIA DE BETANZOS, POR MOTIVO DE LA FERIA MEDIEVAL Y LAS FIESTAS PATRONALES DE SAN ROQUE SOLICIO LA AMPLACION DE HORARIO PARA LOS SIGUIENTES DIAS: VIERNES 11 DE JULIO SABADO 12 DE JULIO JUEVES 14 DE AGOSTO VIERNES 15 DE AGOSTO SABADO 16 DE AGOSTO LUNES 18 DE AGOSTO SABADO 23 DE AGOSTO LUNES 25 DE AGOSTO. LA AMPLIACION DEL HORARIO DE CIERRE DE LOS LOCALES PARA LOS DIAS MENCIONADOS EN EL CUERPO EXPOSITIVO DE LA PRESENTE”
SEGUNDO. O concello pretende dar resposta as demandas da veciñanza en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa ORDE de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
LEXISLACIÓN APLICABLE
- A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:
- A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas
- A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
- A Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa
- A Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
CONSIDERACIÓNS
PRIMEIRA. Modificacións de horarios
De acordo con o artigo 17.2 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os horarios xerais poderán ser ampliados ou reducidos nos supostos que se establecen nos artigos 9 e 10 da Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas orde.
SEGUNDA. Corresponderá aos respectivos concellos, segundo o disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a ampliación ou redución dos horarios xerais.
Ao amparo do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os concellos poderán ampliar para todo o seu termo municipal ou para zonas concretas do mesmo os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público así como de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, durante a celebración das festas e verbenas populares, do Entroido, da Semana Santa e do Nadal, facendo compatible, en todo caso, o seu desenvolvemento coa aplicación das normas vixentes en materia de contaminación acústica.
En todos os supostos anteriores, as ampliacións de horario non poderán superar, en ningún caso, en 2 horas os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
Os concellos tamén poderán ampliar o horario xeral de determinados espectáculos públicos musicais de características específicas ou excepcionais ata un máximo de 2 horas
TERCEIRA. O concello de Betanzos celebrará a FEIRA MEDIEVAL E FESTAS PATRONAIS DE SAN ROQUE DE AGOSTO DE 2025.
Visto canto antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na Lexislación aplicable procedendo a súa aprobación pola alcaldesa de acordo co artigo 61.1.o) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e no Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que aproba o regulamento de organización e funcionamento das corporacións locais.
Ao abeiro da atribución concedida á Alcaldía segundo o artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local, e 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.
Resolvo:
PRIMEIRO.- Ampliar en dúas horas o horario de peche ordinario dos establecementos do termo municipal de Betanzos abertos ao público así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a celebración da FEIRA MEDIEVAL E FESTAS DE SAN ROQUE 2025, durante os días 11 de xullo (venres), 12 de xullo (sábado),14 de agosto (xoves), 15 de agosto (venres), 16 de agosto (sábado), 18 de agosto (luns), 23 de agosto (sábado) e 25 de agosto (luns)
SEGUNDO.- Dar publicidade deste acordo con anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como na páxina web deste Concello e comunicarllo á policía.
TERCEIRO.- Dar traslado da presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.