Sede electrónica Ayuntamiento de Betanzos

12:04:51 Miércoles 10 de septiembre 2025

Información

URBANISMO

10/09/2025

Anuncio expediente averiguación da propiedade finca 15009A005008750000EK

EXP: 2025/X999/000228

ANUNCIO

O Delegado de Urbanismo do Concello de Betanzos con data 23 de xuño de 2025, ditou o seguinte:

"...DECRETO: Incoación de expediente para a averiguación/investigación da propiedade dunha finca sita no lugar de San Martiño, Betanzos (Referencia catastral 15009A005008750000EK)

EXPEDIENTE: 2025/X999/000228

Don Diego Fernández López, concelleiro delegado de urbanismo  do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente delegadas por resolución nº 1162 de data 20 de xuño de 2023.
Vistos os antecedentes que constan no expediente número 2025/X999/000228, sobre averiguación/investigación da propiedade dunha finca sita no lugar de San Martiño, Betanzos (Referencia catastral 15009A005008750000EK), e dos que se reseñan os seguintes:

- Certificación descritiva e gráfica de data 26 de maio de 2025, da parcela referencia catastral 15009A005008750000EK.

- Informe de 20 de xuño de 2025, dos servizos xurídicos con seguinte CVD: g+lU9qhiTEF+PKj3bY7+ bGTfH6cE2RKlEooM1Vr2.

Considerando a seguinte normativa específica de aplicación ao presente expediente:

- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.

- Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

- Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.

- Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público

- Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais

Visto todo o que antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na lexislación aplicable e de conformidade co artigo 21 y 124.ñ da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e coa delegación funcións acordada no decreto nº 1162/2023 de data 20 de xuño de 2023 (BOP nº 123 do 29 de xuño de 2023), esta delegación RESOLVE:

PRIMEIRA.- Que polos servizos técnicos locais se proceda a elaborar os informes e estudos necesarios para determinar se concorren as premisas para o exercicio da potestade investigadora, sobre averiguación/investigación da propiedade dunha finca sita no lugar de San Martiño, Betanzos (Referencia catastral 15009A005008750000EK)

SEGUNDA.- Incoar expediente de investigación da titularidade dos seguintes bens ou dereitos: parcela con referencia catastral 15009A005008750000EK sita na parroquia de San Martiño de Tiobre, que presuntamente pertencen á Corporación Local e solicitar dos Rexistros que procedan cantos antecedentes e datos consten relativos ao bens investigados, incorporándose ao expediente as certificacións que se expidan a este efecto.

TERCEIRA. Publicar o acordo de iniciación no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica do Concello https://sede.betanzos.gal

Así mesmo expoñer no taboleiro de anuncios do Concello un exemplar dos devanditos boletíns durante un prazo de quince días.

CUARTA. Dar traslado do acordo de iniciación á Administración Xeral do Estado e á da Comunidade Autónoma para que, no seu caso, poidan facer valer os seus dereitos e alegar o procedente.

QUINTA. Notificar aos afectados polo expediente de investigación que resulten coñecidos e identificables.

SEXTA. Abrir trámite de información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao que deba darse por terminada a publicación dos anuncios no taboleiro da Corporación, para que as persoas afectadas polo expediente de investigación poidan alegar por escrito canto estimen conveniente ao seu dereito ante a Corporación, acompañando todos os documentos en que funden as súas alegacións.

No caso de que existan afectados polo expediente de investigación que resulten coñecidos e identificables, este prazo comezará a contar desde a notificación persoal.

SÉTIMA. Finalizado o prazo para presentar alegacións, abrir un período de proba por prazo de quince (15) días no que serán admisibles os seguintes elementos:

a) Os documentos públicos xudiciais, notariais ou administrativos outorgados conforme Dereito.

b) O recoñecemento e ditame pericial.

c) A declaración de testemuñas.

OITAVA. Practicadas as probas e valoradas polos Servizos da Corporación, poñer de manifesto o expediente ás persoas a quen afecte a investigación e comparecesen nel, para que, durante un prazo de 10 días, aleguen o que crean conveniente ao seu dereito

NOVENA.-  Notificar esta resolución e dar traslado da mesma aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais..."

Betanzos, 16 de xullo de 2025.

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

O Secretario

Adrián J. Márquez Caramés.


Justificantes de Publicación: