AMPLIACION HORARIO NOITEBOA 2025
EXP: 2025/G003/002492
DECRETO: Concesión de Ampliación de Horario dos locais de hostalaría durante a celebración das festas do Nadal, a noite do 24 de decembro de 2025 ao 25 de decembro de 2025 (Expte.2025/X998/000502).
EXPEDIENTE: 2025/G003/002492
Don Diego Fernández López, Concelleiro delegado de urbanismo do Concello de Betanzos, en uso das súas atribucións legalmente conferidas.
Vistos os seguintes antecedentes que constan no expediente:
ANTECEDENTES
PRIMEIRO. Visto o escrito presentado por Manuel Cupeiro Cagiao de data 19/12/2025, rexistro de entrada nº 202599900006430, na cal solicita ampliación de horario “AMPLIACION DE 1 HORA EN EL HORARIO DE CIERRE DE LOS LOCALES EN LA NOCHE DE NOCHEBUENA”.
SEGUNDO. O concello pretende dar resposta as demandas da veciñanza en aplicación do disposto no artigo 17 da Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa ORDE de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
TERCEIRO. Neste Concello recibíronse numerosas e reiteradas queixas veciñais na zona de lecer polos numerosos días que se permitiu ampliar o horario e existen varías denuncias por incumprimento de horarios de peche, tanto da Guardia Civil como da Policía Local o que está afectando de forma considerable ao descanso da veciñanza afectada.
LEXISLACIÓN APLICABLE
- A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:
- A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
- A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas
- A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia.
- A Lei 10/2007 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia en relación coa
- A Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
CONSIDERACIÓNS
PRIMEIRA. Modificacións de horarios
De acordo con o artigo 17.2 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os horarios xerais poderán ser ampliados ou reducidos nos supostos que se establecen nos artigos 9 e 10 da Orde de 23 de outubro de 2020 pola que se determina horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas orde.
SEGUNDA. Corresponderá aos respectivos concellos, segundo o disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a ampliación ou redución dos horarios xerais.
Ao amparo do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os concellos poderán ampliar para todo o seu termo municipal ou para zonas concretas do mesmo os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público así como de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, durante a celebración das festas e verbenas populares, do Entroido, da Semana Santa e do Nadal, facendo compatible, en todo caso, o seu desenvolvemento coa aplicación das normas vixentes en materia de contaminación acústica.
En todos os supostos anteriores, as ampliacións de horario non poderán superar, en ningún caso, en 2 horas os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.
Os concellos tamén poderán ampliar o horario xeral de determinados espectáculos públicos musicais de características específicas ou excepcionais ata un máximo de 2 horas.
Visto canto antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na Lexislación aplicable procedendo a súa aprobación pola alcaldesa de acordo co artigo 61.1.o) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en concordancia co artigo 21.1.q) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, e no Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que aproba o regulamento de organización e funcionamento das corporacións locais.
Ao abeiro da atribución concedida á Alcaldía segundo o artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, de bases de réxime local, e 61.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia. Resolvo:
PRIMEIRO.- CONCEDER a ampliación en 1 hora do horario de peche ordinario dos establecementos do termo municipal de Betanzos abertos ao público así como a finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas durante a noite do 24 de decembro de 2025 ao 25 de decembro de 2025.
SEGUNDO.- Dar traslado da presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE
Betanzos, na data que figura na marxe
O Delegado de urbanismo O secretario
(Decreto nº 1162/2023 do 20/06/2023) (Asinado aos efectos do art.3.2 do RD 128/18, do 16 marzo)
Diego Fernández López Adrián J. Márquez Caramés