Sede electrónica Ayuntamiento de Betanzos

00:56:17 Martes 16 de junio 2026

Información

URBANISMO

15/06/2026

REGULARIZACIÓN EXPEDIENTES POR INMUEBLE SITO EN RÚA MANDEO, NÚMERO 50, BETANZOS

EXP: 2021/X999/000086

A Xunta de Goberno Local do Concello de Betanzos, na sesión Ordinaria do xoves 11 de xuño de 2026, aprobou o seguinte ACORDO:

2.- REGULARIZACIÓN EXPEDIENTES POR INMOEBLE SITO NA RÚA MANDEO NÚMERO 50, BETANZOS (EXPTE. 2021/X999/000086)

Dáse conta dun informe-proposta que indica o seguinte:

“ASUNTO: REGULARIZACIÓN EXPEDIENTES POR INMUEBLE SITO EN RÚA MANDEO, NÚMERO 50, BETANZOS

EXPEDIENTE: 2021/X999/000086

ANTECEDENTES

PRIMEIRO. Con data 03/08/2009, ditouse a Resolución de Alcaldía-Presidencia núm. 788/2009 no expediente de reposición da legalidade urbanística incoado contra Antonio Fernández Castro por obras non autorizadas

SEGUNDO. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), mediante resolución do 16 de novembro de 2009 (N/REF: S-2009-001C), notificou ao Concello de Betanzos a resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade por construcións non autorizadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre no lugar de Camiño da Veiga.

TERCEIRO. A dita resolución impuña ao infractor a obriga de restituír os terreos ao seu estado anterior, baixo apercibimento de multas coercitivas de 1.729,40 € cada dous meses e a posterior execución subsidiaria por parte da administración en caso de incumprimento.

CUARTO. Consta no expediente que a propiedade actual do inmoble (identificada con referencia catastral 4524909NH6942S0001DY) recae en Inversiones Irmandiñas S.L., tras as actuacións seguidas contra o anterior titular.

LEXISLACIÓN APLICABLE

A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:

  1. Os artigos 24 a 27 da Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

  2. O artigo 135 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia.

  3. O artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

CONSIDERACIÓNS

PRIMEIRA. As persoas propietarias das edificacións están obrigadas a realizar as obras de edificación, conservación e rehabilitación nos prazos e condicións previstas nas leis, especialmente naquelas que contemplan os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social, nos instrumentos de plan e, no seu caso, nos instrumentos de xestión e ordes de execución que os recollan.

O incumprimento das obrigacións establecidas no apartado anterior facultará á administración para a adopción, á súa elección e previa audiencia das persoas obrigadas, de calquera das medidas seguintes:

a) Execución forzosa.

b) Expropiación forzosa.

c) Venda forzosa.

d) Substitución forzosa.

Para a aplicación da expropiación forzosa, a venda forzosa e a substitución forzosa será requisito previo a declaración polo concello, de oficio ou a solicitude da persoa interesada, do incumprimento de que se trate por resolución expresa que así o acredite.

SEGUNDA. Tendo en conta o exposto nos antecedentes e nas consideracións anteriores, e unha vez analizadas as actuacións administrativas practicadas sen resultado, o Concello de Betanzos considera que se cumpren os requisitos legais para acordar a continuación do procedemento de expropiación forzosa por incumprimento da función social da propiedade.

En efecto, o artigo 135 da Lei 2/2016, do chan de Galicia, en relación co artigo 153 da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUG) e os artigos 104 e seguintes da Lei do Solo de Galicia (LSG), permite á Administración local declarar o incumprimento da función social da propiedade cando concorren situacións de degradación, risco para a seguridade ou salubridade públicas, ou incumprimento reiterado das ordes de reposición da legalidade urbanística.

No presente caso, a persistente inexecución da obriga de restituír os terreos ao seu estado orixinal na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre confirmada pola resolución da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de 16/11/2009, xunto co risco que supón o mantemento dunha construción ilegal en devandita zona protexida, xustifican plenamente a adopción desta medida.

Así mesmo, o artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, reguladora das Bases do Réxime Local, outorga aos Concellos a competencia para exercer a potestade expropiatoria co fin de protexer o interese público urbanístico e ambiental. A expropiación forzosa resulta aquí proporcionada e necesaria, ao terse esgotado previamente as vías menos gravosas, multas coercitivas e execución subsidiaria, sen que o actual titular, Inversiones Irmandiñas S.L., nin os eventuais posibles responsables da herdanza teñan cumprido coas obrigas impostas.

Por todo o indicado realizo a seguinte proposta de ACORDO:

PRIMEIRO. Continuar e impulsar o procedemento para a declaración do incumprimento das obrigacións relativas á edificación, conservación e rehabilitación do propietario do seguinte inmoble:

Referencia catastral 4524909NH6942S0001DY)

Inversiones Irmandiñas S.L

SEGUNDO. En caso de resolver coa estimación de concorrencia de incumprimento, o sistema de actuación elixido será a expropiación.

TERCEIRO Acordar a apertura dun trámite de audiencia de quince días ás persoas propietarias e demais titulares de dereitos reais afectados.

CUARTA. Acordar a apertura dun trámite de información pública por prazo de vinte días mediante a publicación de anuncio no DOG e na sede electrónica do concello.

QUINTA.- Dar traslado da presente resolución aos distintos servizos administrativos da Corporación, e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre en cumprimento do disposto no art. 42 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”

A Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos/as asistentes, ACORDA aprobar este informe-proposta.

 


Justificantes de Publicación: