AXENDA URBANA DO CONCELLO DE_BETANZOS
EXP: 2025/X999/000365
ASUNTO: AXENDA URBANA DO CONCELLO DE_BETANZOS
EXPEDIENTE: 2025/X999/000365
CONSULTA PÚBLICA PREVIA
De acordo co establecido no artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación cidadá neste procedemento, procédese a abrir un trámite de consulta pública previa, con carácter previo á elaboración da Axenda Urbana do Concello de Betanzos.Solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados polo futuro plan acerca das cuestións que a continuación se relacionan:
1. Problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
A Axenda Urbana de Betanzos pretende abordar de forma integral os principais retos urbanos aos que se enfronta o municipio. Entre eles destacan:
Mobilidade sostible e accesibilidade universal, reducindo a dependencia do vehículo privado e mellorando o transporte público, peonil e ciclista.
Acceso á vivenda digna, asequible e de calidade, especialmente para colectivos vulnerables.
Loita contra o cambio climático e adaptación aos seus efectos (ondas de calor, inundacións, etc.).
Rehabilitación e posta en valor do patrimonio histórico, arquitectónico e cultural.
Cohesión social e redución das desigualdades, fomentando a inclusión e a revitalización de barrios.
Outros desafíos relacionados co envellecemento poboacional, a revitalización do centro histórico, a xestión dos residuos ou a transición enerxética.
2. Necesidade e oportunidade da súa aprobación
A elaboración dunha Axenda Urbana propia resulta necesaria e oportuna por varias razóns:
Dar cumprimento aos compromisos asumidos na Axenda Urbana Española 2030 e na Axenda Urbana da Unión Europea.
Mellorar a planificación estratéxica local, dotando ao Concello dunha folla de ruta coherente, integral e a longo prazo.
Facilitar o acceso a liñas de financiamento europeo, estatal e autonómico vinculadas á rehabilitación urbana, a sustentabilidade e a transición ecolóxica (NextGenerationEU, Fondos FEDER, etc.).
Ordenar e coordinar as distintas políticas urbanas sectoriais que actualmente se desenvolven de forma dispersa.
Adaptarse aos novos retos urbanos derivados da pandemia, a crise climática e os cambios demográficos.
3. Obxectivos do plan
Os principais obxectivos da Axenda Urbana de Betanzos son:
Mellorar substancialmente a calidade de vida da cidadanía.
Favorecer a sustentabilidade ambiental e a resiliencia fronte ao cambio climático.
Impulsar a innovación urbana e a transformación dixital do territorio.
Promover a participación cidadá e a gobernanza multinivel ao longo de todo o proceso.
Coordinar e integrar as distintas políticas sectoriais (urbanismo, mobilidade, vivenda, medio ambiente, economía, cultura, igualdade, etc.).
Fomentar un desenvolvemento urbano compacto, inclusivo e respectuoso co patrimonio e o medio natural.
4. Posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias
Ademais da aprobación dunha Axenda Urbana integral, pódense considerar outras alternativas ou instrumentos complementarios:
Elaboración de plans sectoriais específicos (Plan de Mobilidade Urbana Sostible, Plan de Rehabilitación, Plan de Acción Climática, etc.).
Desenvolvemento de programas de actuación voluntarios ou incentivos para a rehabilitación enerxética e a mellora urbana.
Establecemento de convenios de colaboración con outras administracións, entidades privadas e asociacións.
Mellor aproveitamento dos instrumentos de planificación xa existentes (PXOM, plans especiais, ordenanzas municipais, etc.).
Posta en marcha de iniciativas de gobernanza participativa (foros cidadáns, orzamentos participativos, consellos sectoriais).
Os suxeitos e as organizacións máis representativas que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos, durante o prazo de vinte días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no portal web.
O resultado da participación pública deberá ser tido en conta na elaboración do Plan de Acción Local, debendo informar o público das decisións adoptadas e dos motivos e consideracións nos que se baseen ditas decisións, incluíndo a información relativa ao proceso de participación pública.
O que asino aos efectos oportunos
Betanzos, na data indicada na marxe
O concelleiro delegado
Diego Fernández López
DOCUMENTO ASINADO ELECTRÓNICAMENTE