Sede electrónica Ayuntamiento de Betanzos

21:22:41 Miércoles 11 de noviembre 2026

Información

Secretaría

05/11/2026

Exposición pública aprobación inicial Axenda Urbana do Concello de Betanzos

EXP: 2025/X999/000365

ASUNTO: Plan de Acción Local da Axenda Urbana do Concello de Betanzos

EXPEDIENTE: 2025/X999/000365

Aprobado inicialmente o PLAN DE ACCIÓN LOCAL DA AXENDA URBANA DO CONCELLO DE BETANZOS (horizonte 2030), xunto co seu Diagnóstico e Marco Estratéxico, por acordo do Pleno de data 27 de outubro de 2026. De conformidade co artigo 83 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, a contar desde día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen oportunas.

 

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados no taboleiro de edictos da sede electrónica deste Concello: sede.betanzos.gal.

 

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o mencionado Plan.

 


Justificantes de Publicación: