DECRETO DELEGACIÓNS TENENTES ALCALDE 2021: URBANISMO OBRAS TECNICA SINXELA
ASUNTO: DECRETO DELEGACIÓNS TENENTES ALCALDE 2021: URBANISMO OBRAS TECNICA SINXELA
EXPEDIENTE: 2021/G003/001537
ANTECEDENTES
PRIMEIRO. Logo da celebración das eleccións municipais o día 26 de maio de 2019 e procedéndose o día 15 de xuño de 2019 á constitución da nova Corporación Local. Resulta necesario establecer a nova organización municipal, en particular a delegación das competencias da alcaldía para configurar as concellerías delegadas.
SEGUNDO. Por Decreto de alcaldía de data 18/06/2019 outorgáronse as delegacións da alcaldía en tenentes de alcalde e concelleiros da Corporación 2019-2023:
“[...]
-Ao primeiro tenente de alcalde, don Diego Fernández López: delegación nos asuntos de Economía e Facenda, Obras Públicas e Servizos, Protección Civil e Persoal.
-Ao segundo tenente de alcalde, don Andrés Teijo Hermida: delegación nos asuntos de Educación, Deportes, Urbanismo e Casco Histórico e Patrimonio.
-A terceira tenente de alcalde, dona María de los Angeles Veiga López: delegación nos asuntos de Comercio, Hostalaría e Industria; Protocolo e Festas.
-A cuarta tenente de alcalde, dona María Jesús Regueiro Sánchez: delegación nos asuntos de Promoción Económica, Formación e Emprego e Dinamización do Casco Histórico.
-A quinta tenente de alcalde, dona Ana Belén Veiga Pita: delegación nos asuntos de Cultura e Normalización Lingüística.
-A concelleira dona Mónica Carneiro Cid: delegación nos asuntos de Feiras e Mercados; Nomenclátor, Honras e Distincións; Eventos e dinamización asociativa.
-Ao concelleiro don Jose Luis Lagares Crespo: delegación nos asuntos de Medio Ambiente, Eficiencia Enerxética, Transportes e Medio Rural.
-Ao concelleiro don Pablo Beade Pérez: delegación nos asuntos de Mobilidade, Turismo e Tráfico e Seguridade.
-Ao concelleiro don Andrés Pandelo Torres: delegación nos asuntos de Mocidade, Novas Tecnoloxías, Transparencia e Información Cidadá.[...]”
TERCEIRO. Por Decreto de alcaldía de data 06/02/2020 o concello actualizou e aclarou as delegacións da alcaldía en tenentes de alcalde e concelleiros da Corporación 2019-2023. O que foi notificado aos interesados e foi publicado no BOP nº 36 de 21/02/2021.
CUARTO. Por Decreto de alcaldía de data 18/06/2019 nomeáronse aos membros da Xunta de Goberno Local e efectuouse a delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local na Corporación 2019-2023.
QUINTO. Debido á necesidade de axilizar certo tipo de licenzas e para mellorar na eficiencia administrativa, cómpre realizar uns cambios.
LEXISLACIÓN APLICABLE
A Lexislación máis destacada do asunto é a seguinte:
Os artigos 182 e seguintes da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral
A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
O Real Decreto 2568/1986, do 26 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais
A Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas
A Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico da administración pública
O regulamento orgánico municipal do Concello de Betanzos Publicación definitiva BOP Nº 232 de 07-12-2017
A Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia
CONSIDERACIÓNS
PRIMEIRA. Esta Alcaldía pode delegar o exercicio das súas atribucións a condición de que non se atopen dentro dos supostos previstos polo artigo 21.3 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, na súa redacción actual, polo artigo 9 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico da administración pública e 61.3 da Lei 5/97, de 2 de Xullo, de Réxime Local de Galicia, nos que se regulan as competencias que non poden ser obxecto de delegación.
SEGUNDA. Por Decreto de alcaldía de data 18/06/2019 nomeáronse aos membros da Xunta de Goberno Local e efectuouse a delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local na Corporación 2019-2023. Entre outras, a Xunta de Goberno Local terá asignada as seguintes atribucións:
[...]
-O outorgamento das licenzas urbanísticas que non estean delegadas no concelleiro de urbanismo ou que correspondan ao Pleno.
TERCEIRA. Por Decreto de alcaldía de data 06/02/2020 o concello actualizou e aclarou as delegacións da alcaldía en tenentes de alcalde e concelleiros da Corporación 2019-2023. O que foi notificado aos interesados e foi publicado no BOP nº 36 de 21/02/2021. Outorgáronse, entre outras, as seguintes delegacións da alcaldía en tenentes de alcalde e concelleiros da Corporación:
[...]
-Ao segundo tenente de alcalde, don Andrés Teijo Hermida: delegación nos asuntos de Educación, Deportes, Urbanismo e Casco Histórico e Patrimonio.
CUARTA. OBRAS QUE NON REQUIREN PROXECTO.
O departamento de urbanismo detectou que a tramitación das licenzas de todas aquelas obras que segundo a LOE 38/1999 de 5 de novembro, de ordenación da edificación, non requiren proxecto tiñan unha lixeira demora e que se podería axilizar mediante a aprobación da licenza por resolución do concelleiro delegado en canto estean listos os informes técnicos e xurídicos e toda aquela documentación que fose necesaria.
O artigo 2. da LOE 38/1999 de 5 de novembro, de ordenación da edificación define da seguinte forma as obras que terán consideración de obra de edificación que requiren proxecto:
a) Obras de edificación de nova construción, excepto aquelas construcións de escasa entidade construtiva e sinxeleza técnica que non teñan, de forma eventual ou permanente, carácter residencial nin público e sexan desenroladas nunha só andar.
b) Todas as intervencións sobre os edificios existentes, sempre e cando alteren a súa configuración arquitectónica, entendendo por tales as que teñan carácter de intervención total ou as parciais que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría, ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxeto cambiar os usos característicos do edificio.
c) Obras que teñan o carácter de intervención total en edificacións catalogadas ou que dispoñan dalgún tipo de protección de carácter ambiental ou histórico-artístico, regulada a través de norma legal ou documento urbanístico e aquelas outras de carácter parcial que afecten aos elementos ou partes obxecto de protección.
Xa que logo, as obras de escasa entidade construtiva que non requiren proxecto son as definidas negativamente nese artigo.
Incluirase, á vez, as obras que, aínda precisando proxecto, sexan do tipo "obra menor que supoña actuación parcial que afecte a elementos ou partes obxecto de especial protección, nun edificio catalogado con nivel de protección arquitectónico 3 ou 4", posto que neste grupo se inclúen obras de escasa entidade (pinturas, reparación de galerías e fachadas en edificios que posúen elementos protexidos cun nivel baixo). Este grupo supón un número bastante grande de licenzas do casco histórico.
Sexa como fora, propónse unha contía de 30.000€ para colaborar coa definición indicada.
Por medio da presente e en uso das atribucións que legalmente teño conferidas RESOLVO:
PRIMEIRO.- Realizar as seguintes DELEGACIÓN ESPECIAIS a favor dos Concelleiros que se indican, para a dirección e xestión das áreas de Goberno Municipal que a continuación se relacionan:
-Ao segundo tenente de alcalde, don Andrés Teijo Hermida: O outorgamento das licenzas urbanísticas sinxelas que non requiran proxecto e en todo caso aquelas que non superen a contía de 30.000 euros.
Incluirase, á vez, as obras que, aínda precisando proxecto, sexan do tipo "obra menor que supoña actuación parcial que afecte a elementos ou partes obxecto de especial protección, nun edificio catalogado con nivel de protección arquitectónico 3 ou 4", posto que neste grupo se inclúen obras de escasa entidade (pinturas, reparación de galerías e fachadas en edificios que posúen elementos protexidos cun nivel baixo).
Todo elo sen prexuízo das delegacións xa efectuadas.
SEGUNDO. Delégase a resolución dos recursos de reposición e extraordinarios de revisión que, de ser o caso, poidan interpoñerse ao abeiro do previsto nos artigos 123.1 e 125 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.
TERCEIRO As delegacións conferidas neste decreto enténdense sen prexuízo das que a lexislación lle atribúe ao alcalde como competencias indelegables, así como das delegadas pola Alcaldía na Xunta de Goberno Local.
CUARTO. En caso de ausencia, vacante, enfermidade ou calquera outro impedimento dos concelleiros ou concelleiras delegados, esta Alcaldía asumirá, directa e automaticamente, as competencias delegadas, como titular da competencia orixinaria, entendéndose para estes efectos exercitada a potestade de avocación en base a esta resolución, sen necesidade dunha nova resolución expresa neste sentido.
As atribucións delegadas deberanse exercer nos termos e dentro dos límites desta delegación, non sendo susceptibles de ser delegadas polos seus titulares noutro órgano ou concelleiro.
QUINTO. De conformidade co disposto polo artigo 44 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, estas delegacións terán efecto desde o día seguinte á data de notificación deste Decreto aos Concelleiros afectados, e serán de carácter indefinido, sen prexuízo da potestade de avocación desta Alcaldía.
A Alcaldía poderá avocar en calquera momento o coñecemento dun asunto determinado de acordo co que dispón o artigo 10 da Lei 40/2015, do 01 de outubro, de réxime xurídico do sector público e 116 do ROF.
SEXTO. A Alcaldía poderá revogar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.
SÉTIMO. Estas delegacións estarán en vigor durante o mandato correspondente ao período 2019/2023, sen prexuízo da súa modificación, ampliación, revogación ou avocación polos trámites legalmente establecidos.
OITAVO. Os expedientes iniciados con anterioridade á entrada en vigor deste decreto serán continuados polo órgano que corresponda de acordo co novo réxime de delegacións.
NOVENO. Notificar esta resolución aos Concelleiros afectados, entendéndose aceptada a competencia delegada de forma tácita, se dentro do prazo das 24 horas seguintes non se manifesta nada en contra ou se fai uso da delegación.
DÉCIMO. Desta resolución darase coñecemento ao Pleno da Corporación na primeira sesión que teña lugar, notificándose persoalmente aos concelleiros e concelleiras designados, para a súa aceptación expresa ou tácita, segundo dispón o artigo 114.1 do ROF, e publicarase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, e mais no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao da súa data, conforme se indica no artigo 44 do citado regulamento.