Sede electrónica Concello de Betanzos

05:48:21 Venres 6 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de autorización para a ocupación (temporal) da vía pública

O procedemento de "autorización para ocupación da vía pública" ten como obxecto regular as ocupacións temporais das vías públicas con contedores ou cubas, protección de obras, estadas e provisións de materiais con ocasión da realización de calquera obra ou traballo, así como para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos con formigón, etc.

Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación correspondente á Taxa por ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, refugallos, valos e instalacións análogas a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos. Para poder presentar a solicitude é necesario achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa, en virtude do artigo 4 da Ordenanza fiscal nº 12 (BOP 217 do 16/11/22).

  • Solicitude de autorización para a ocupación da vía pública.
  • Licenza de apertura (locais comerciais). En caso de locais comerciais, achegarase a correspondente licenza, acreditativa de exercer unha actividade comercial, ou de que se están a realizar obras que motiven a necesidade da ocupación da vía pública.
  • Licenza de obras (se procede). En caso de obra nova/obra maior, achegarase a correspondente licenza acreditativa de que se están a realizar obras que motiven a necesidade da ocupación da vía pública.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente. (ver)

Nome: Solicitude de licenza para a ocupación da vía pública.

Unidade tramitadora:
Infraestructuras e Servizos.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de resolución:
1 mes.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.