Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. Quen promova actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
Calquera persoa física ou xurídica que desexe comunicar o inicio dunha obra.
Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación correspondente á Taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas e no outorgamento de licenzas urbanísticas a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos. Para poder presentar a solicitude é necesario achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa, en virtude do artigo 4.4. da Ordenanza fiscal nº 6 (BOP 176 do 15/09/22).
A autoliquidación e pago do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO) realizarase segundo o establecido no artigo 8 da Ordenanza fiscal nº 28 (BOP 176 do 15/09/22).
De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nome: Comunicación Previa de Obra.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.