Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.
No entanto, por razóns de interese xeral vinculadas á orde, seguridade e saúde públicas e protección do medio ambiente, esixirase a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica nos supostos establecidos no art. 41 LEI 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Calquera persoa física ou xurídica.
Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación correspondente á Taxa por ocupación de terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, así como industrias de rúa e ambulantes a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos nos seguintes casos de instalacións temporais:
Para poder presentar a solicitude é necesario achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa, en virtude do artigo 6 da Ordenanza fiscal nº 15. (BOP 217 do 16/11/22).
De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".
Nome: Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)
Presencial.