O Concello de Betanzos quere, pola presente convocatoria, establecer o procedemento e criterios para a concesión de subvencións no ámbito do termo municipal de Betanzos para a “Organización de festas parroquiais” ou populares en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade, igualdade de concorrencia e publicidade.
A convocatoria vai dirixida a fomentar a labor das entidades culturais e veciñais así coma das comisións de festas para contribuír a que acaden os obxectivos que lles son propios, en relación ao impulso da participación activa da cidadanía para celebrar e conservar as festas parroquiais de maior tradición e arraigo, xurdidas da iniciativa popular e que formar parte da nosa identidade e memoria colectivas.
A través da concellería delegada en festas e eventos proponse a consecución dos seguintes obxectivos:
Poderán optar aos programas contidos na presente convocatoria as entidades que cumpran os seguintes requisitos:
As solicitudes, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse unicamente por medios electrónicos a través do formulario de solicitude normalizado da sede electrónica municipal. (https://sede.betanzos.gal).
Os anexos necesarios para completar a solicitude desta axuda estarán dispoñibles para descarga na páxina web municipal (https://sede.betanzos.gal), xunto co resto de información relacionada coa convocatoria.
O texto da convocatoria e a información requirida será incluída de maneira previa na Base de Datos Nacional de Subvenciones. A BDNS dará traslado ao BOP de A Coruña o extracto de la convocatoria para su publicación.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e terá unha duración máxima de quince días hábiles.
Cando o órgano instrutor reciba algunha solicitude incompleta, requirirá as entidades solicitantes dando un prazo de 10 días hábiles que contará dende o día seguinte ao da notificación do requirimento (artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se a entidade requirida non respondese ao requirimento de emenda, entenderase que desiste da súa solicitude.
Xustificación
O procedemento para presentar a seguinte documentación debidamente cuberta, será a través da achega de documentación complementaria:
Nome: Solicitude de Subvencións dirixidas a entidades para la promoción de festas populares concedidas polo concello en réxime de concorrencia competitiva para o exercicio 2025.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte.
Tipo de interesado: Entidades de Servizos Sociais.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).