Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas ao pagamento da vivenda habitual, mediante adxudicación directa ás persoas inquilinas dun contrato de alugamento ou dun préstamo hipotecario dunha vivenda situada no Concello de Betanzos coa finalidade de contribuír a paliar as consecuencias socioeconómicas entre os colectivos máis vulnerables. Estas axudas contan co financiamento da Deputación Provincial de A Coruña, a través do POS + Adicional 1/2026 para Gastos Sociais Extraordinarios do exercicio 2026.
Solicitudes:
A presentación de inscricións realizarase preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos https://sede.betanzos.gal.
Excepcionalmente as persoas que acrediten que non contan con medios necesarios para realizalo por esta vía poderán contactar cos servizos sociais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 29 de xuño de 2026.
Nome: Solicitud de ayudas extraordinarias municipales de apoyo al pago de la vivienda habitual.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física que cumpran os requisitos.
Canles de atención: A presentación de inscricións realizarase preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos https://sede.betanzos.gal.
Excepcionalmente as persoas que acrediten que non contan con medios necesarios para realizalo por esta vía poderán contactar cos servizos sociais.