Sede electrónica Concello de Betanzos

03:19:30 Luns 25 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de instalación de terrazas

A Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas deberá presentarse para solicitar autorización para a instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento (art. 41 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  • Referencia ao expediente de apertura e actividade do establecemento principal.
  • Plano de situación e a escala da terraza no que se reflicta: o seu emprazamento, a superficie a ocupar, largo e ancho de beirarrúa e distancia ás paradas de autobuses, ás saídas de emerxencia, aos pasos de vehículos, aos quioscos e aos elementos de mobiliario urbano existentes, e franxas de itinerario peonil libre.
  • Plano de detalle con indicación de todos os elementos de mobiliario e o seu emprazamento, así como a súa clase, número, con especial indicación de número de cadeiras e mesas, dimensións, superficie a ocupar polos elementos e características destes, consonte determina o Título III. Incluirase a posición acoutada de posibles arquetas, sumidoiros ou rexistros de subministros básicos.
  • Autoliquidación da taxa correspondente.
  • Documentación relativa ás características técnicas e medioambientais dos elementos de climatización, calefacción e iluminación, así como certificados de homologación e revisións dos mesmos.
  • Póliza de seguro de responsabilidade civil e incendios en vigor e por prazo mínimo dunha anualidade e xustificante de abono da prima.
  • Autorización, no seu caso, de colindantes.
  • Documentación relativa ás características técnicas de ramplas e elevadores, así como certificados de homologación e revisións dos mesmos.
  • Proxecto de evacuación en caso de terrazas privadas de uso público.
  • Acreditación da propiedade ou título xurídico que habilite para a utilización privativa do espazo, en caso de terrazas privadas de uso público.

Nas terrazas con pechamentos estables ou con elementos permanentes, como tarimas, mamparas, peches, etc., incluirase, ademais, como documentación específica:

  • Memoria detallando:
    • As características das súas instalacións.
    • Superficie que se vai ocupar e elementos a instalar no interior do pechamento.
    • Planos nos que se indiquen de forma inequívoca as dimensións, seccións, andares, alzados laterais, frontal e posterior.
    • Sistemas de ancoraxe dos elementos ao pavimento.
  • Certificación de técnico competente, visada polo colexio profesional correspondente, acerca da suficiencia da súa estabilidade estrutural e da adecuación das súas condicións de prevención e extinción de incendios, evacuación, estabilidade e reacción ao lume. Para acceder a esta información o solicitante poderá autorizar o acceso aos datos que obren en poder da administración municipal ou doutra administración.
  • Documento acreditativo da constitución dunha garantía para a reposición do pavimento público ao estado anterior á instalación do pechamento. O importe desta garantía determinarase en función do custo de reposición do espazo ocupado.

Nome: Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas.

Unidade tramitadora: Infraestruturas e Servizos.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter do silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: Non superior a dous meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.