A Solicitude de Licenza de Segregación e Parcelamento deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:
(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter unha licenza de segregación e parcelamento.
Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación correspondente á Taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas e no outorgamento de licenzas urbanísticas (tarifa: licenzas de segregación e parcelamento) a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos. Para poder presentar a solicitude é necesario achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa, en virtude do artigo 4.4. da Ordenanza fiscal nº 6 (BOP 176 do 15/09/22).
De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nome: Solicitude de Licenza de Segregación e Parcelamento.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.