Solicitude de participación na convocatoria do "Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio" no Entorno Residencial de Rehabilitación Programada (ERRP) do "Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección", no municipio de Betanzos. Financiado pola Unión Europea NextGenerationEU.
A finalidade destas axudas é financiar obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva (incluíndo as súas vivendas) e nas vivendas unifamiliares.
Poderán ser persoas destinatarias últimas destas axudas aquelas que asuman a responsabilidade da execución integral da actuación. Cando a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda distribuirase en proporción ao custo e a responsabilidade asumido por cada un destes.
O inmoble para o que se solicíta a axuda debe estar incluído no ERPP do "Conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección" definido no Acordo número 10 da Comisión Bilateral, celebrado o 11 de maio de 2023. A delimitación reprodúcese na documentación gráfica anexa á convocatoria. Deberanse cumprir os requisitos establecidos nas bases.
As actuacións non poderán estar iniciadas antes de 1 de febreiro de 2020 e non poderán estar finalizadas na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes da presente convocatoria.
As actuacións obxecto de financiamento a través deste programa deberán estar finalizadas antes do día 30 de xuño de 2026. A documentación acreditativa da finalización das actuacións e do cumprimento do obxecto da subvención deberá de presentarse con data límite ata o 14 de agosto de 2026.
As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos a través do botón "Iniciar trámite".
Ademais, poderán presentarse presencialmente no Rexistro do Concello de Betanzos ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo as previsións da normativa aplicable.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ata o 30 de decembro de 2025, agás que, con anterioridade, se esgotara o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no BOP da Coruña e en sede na páxina web do Concello de Betanzos.
A Oficina de Rehabilitación recibirá consultas preferentemente mediante correo electrónico (ari@betanzos.net). Ademais, poderase recibir atención no teléfono 981 77 36 90 (dispoñible en horario de 9.00 a 14.00 horas) ou presencialmente (9.00 a 14.00 horas, cita previa no correo e teléfono indicados).
Nome: Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.