Sede electrónica Concello de Betanzos

04:13:47 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de información urbanística

O procedemento "solicitude de información urbanística" ten por obxecto regular a obtención de información acerca da situación urbanística dun inmoble ou edificio, así como sobre a posibilidade de instalación dunha actividade determinada nun local ou dependencia dun inmoble.

Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación correspondente á Taxa por expedición e tramitación de documentos a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos. Para poder presentar a solicitude é necesario achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa, en virtude do artigo 4 da Ordenanza fiscal nº2 reguladora da taxa por expedición e tramitación de documentos (BOP 110 do 10/06/22).

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".

  • Solicitude de información urbanística.
  • Plano de situación. Plano de situación da cartografía municipal, marcando o contorno da parcela ou vivenda obxecto da información urbanística.
  • Identificación catastral da parcela.
  • Licenza de edificación. Copia da licenza de edificación ou, de ser o caso, xustificante da antigüidade desta, se a información solicitada se refire a actuacións en edificacións, ou a posibles.
  • Dossier fotográfico. Incluír fotografías nos seguintes casos: edificios ou parcelas na zona monumental, edificios ou parcelas suxeitas a protección e parcelas nas que existan edificacións.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente. (ver)

Nome: Solicitude de información urbanística.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Concelleiro delegado de urbanismo.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                     Presencial.