Sede electrónica Concello de Betanzos

11:34:41 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Venda Ambulante

O  procedemento "venda ambulante" regula o outorgamento do permiso de posto para venda ambulante.

Con carácter previo a presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación correspondente á Taxa por ocupación de terreos de uso público con postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, así como industrias de rúa e ambulantes, a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos nos seguintes casos:

  • Instalacións temporais de postos, barracas e casetas dedicadas á venda de calquera clase de artigos.
  • Postos, barracas e casetas dedicadas á venda de calquera clase de artigos na Feira Franca Medieval.

Para poder presentar a solicitude é necesario achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa, en virtude do artigo 6 da Ordenanza fiscal nº 15 (BOP 217 do 16/11/22).

De forma telemática a través del botón "Iniciar trámite".

  • Solicitude telemática
  • En caso de Persoa Xurídica
    • NIF
    • Acta de constitucion
    • Estatutos
    • Acreditación da representación da entidade
  • Seguro de responsabilidade civil
  • Xustificante de pago da taxa según a ordenanza vixente (de ser o caso)
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

Nome: Venda Ambulante.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Secretaría.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Taxas/Impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.