Sede electrónica Concello de Betanzos

16:15:13 Xoves 3 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo con a lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar si non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

Con carácter previo á presentación da solicitude, a persoa interesada deberá elaborar a autoliquidación correspondente á Tasa por el otorgamiento de licencias de apertura de establecimientos a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello de Betanzos. Para poder presentar a solicitude é necesario achegar o xustificante de pagamento da autoliquidación da taxa, en virtude do artigo 7 da Ordenanza fiscal nº 4 (BOP 217 do 16/11/22).

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar mediante certificado técnico segundo modelo oficial do Concello, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación.
  • A autorización ou declaración ambiental que proceda.
  • As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

Esta documentación deberá ser presentada, en todo caso, salvo no suposto de telo feito con anterioridade na tramitación da licenza ou comunicación previa da obra.

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.